Para o venres pasado organizamos na biblioteca unha tarde de manualidades con motivo do Samaín.
Máis de vinte nenos/as de idades comprendidas entre os 2 e os 12 anos decoraron a súa propia cabaza e colorearon imans para a neveira con bruxas, cabazas, morcegos...
Rematamos a tarde con maquillaxe e merendando chocolate.
O Concello de Esgos propónnos unha actividade de pintura para realizar en familia o sábado 24 de maio. A actividade consiste en pintar en lenzo por parellas: nai con fillo, pai con filla, tío con sobriña, avoa con neto, irmá con irmán, etc. Ti elixes a parella e nós poñemos o resto! Para que a actividade se poida levar a cabo necesítase un mínimo de participantes así que non o dubides e inscríbete o antes posible na biblioteca municipal. (O horario está pendente de confirmar para adaptarnos na medida do posible ás vosas necesidades)
Para celebrar o Día das Letras Galegas propoñemos unha actividade moi divertida para a rapazada (maiores de 10 anos): "Escape room os misterios da biblioteca" Plantexarémosvos unha situación de partida e teredes que ir descubrindo mediante o inxenio e cooperación formas de avanzar solucionar acertixos, claves, enigmas... para descubrir os misterios que agocha a biblioteca e poder saír da mesma antes de 60 minutos. Inscríbete na biblioteca! Agardámosvos o venres 30 de maio ás 18:00 horas. A biblioteca estará pechada este día por mor desta actividade! Esta actividade forma parte do programa de animación á lectura Ler Conta Moito da Xunta de Galicia para as bibliotecas.
O venres 31 de outubro celebraremos un ano máis o Samaín cun percorrido da rapazada polas casas dos veciños. Para facer esta ruta é imprescindible inscribirse na biblioteca antes do 28 de outubro, onde xa se explicarán as condicións de participación. Este ano ademais, contaremos cunha "Casa do Terror" no Centro Cultural Parada Justel que estará aberta dende as 18:30h ás 20:30h para calquera que ouse entrar. Atréveste?
Comentarios
Publicar un comentario