O domingo de entroido os felos recorreron os pobos do concello como xa ven sendo habitual.Ás 5 da tarde xuntáronse na praza da Souteira cos demais veciños disfrazados para participar no desfile e no concurso de disfraces.
O venres 31 de outubro celebraremos un ano máis o Samaín cun percorrido da rapazada polas casas dos veciños. Para facer esta ruta é imprescindible inscribirse na biblioteca antes do 28 de outubro, onde xa se explicarán as condicións de participación. Este ano ademais, contaremos cunha "Casa do Terror" no Centro Cultural Parada Justel que estará aberta dende as 18:30h ás 20:30h para calquera que ouse entrar. Atréveste?
O venres 26 de xuño ás 18:00h na biblioteca teremos un obradoiro científico: Coñeces a Ángeles Alvariño, Ramona Vaamonde ou Begoña Vila Costa? Son só algunhas das moitas científicas galegas que destacan ou destacaron polos logros acadados nos seus respectivos campos de investigación. Ven divertirte cos nosos experimentos e descubre algunhas das grandes científicas galegas que contribuíron ao progreso da humanidade. Inscricións na biblioteca.
O concello de Esgos pon en marcha un novo servizo de préstamo de ordenadores dirixido a nenos e nenas que non dispoñan de ordenador, e que por enfermidade ou confinamento por covid o precisen para seguir a súa formación académica dende os seus fogares. Este servizo englóbase proxecto "Material tecnolóxico nas escolas rurais de Adercou" Ademais tamén seguiremos ofrecendo dende a biblioteca o servizo de impresión de tarefas escolares.
Felicitaciones a l@s organizadores y a l@s participantes por el trabajo realizado! Ánimo y a seguir trabajando para mejorar cada año
ResponderEliminar