Poñemos en marcha un novo servizo de difusión das actividades da biblioteca a través do WhatsApp 607 49 44 39 Trátase dunha canle unidireccional: servirá só para que dende a biblioteca enviemos información das actividades, cambios de horario, novidades no catálogo, etc e non servirá para atender demandas, queixas ou suxestións. Para recibir información a través do Servizo de WhatsApp da biblioteca de Esgos debe seguir estes 3 pasos: Enviarnos os seus datos mediante o presente formulario Agregar na lista de contactos do seu móbil o número de teléfono 607494439 por exemplo co nome "biblioteca Esgos" Enviar unha mensaxe ao contacto creado ("biblioteca Esgos") co texto "ALTA nome e apelidos". Se nalgún momento quixese darse de baixa do servizo, bastará comunicalo a través do mesmo formulario e será borrado da lista de difusión. No caso de persoas menores de 14 anos deberá outorgar o seu permiso o pai, nai ou titor do menor.
A partir de hoxe 31 de xaneiro a Rede de Bibliotecas de Galicia estrea nova imaxe e novos servizos: 1. Nova imaxe corporativa da Rede de Bibliotecas de Galicia: 2. Nova web da Rede de Bibliotecas: https://rbgalicia.xunta.gal/es 3. Novo deseño do carné único da rede. Os carnés que tedes poden seguir usándose, pero os que se impriman a partir de hoxe levarán este novo diseño: 4. Carné dixital Todos os carnés terán a súa versión dixital e poderán descargarse no móbil. Os usuarios que tedes carné da biblioteca, xa tedes automáticamente o carné dixital. Máis información sobre o carné da biblioteca en eiquí 5. Aplicación móbil da Rede de Bibliotecas de Galicia Poderás descargar no teu móbil a app da Rede de Bibliotecas de Galicia dende onde poderás reservar libros, renovar préstamos e levar sempre o teu carné dixital entre outros moitos servizos. Máis información sobre a nova app eiquí 6. GaliciaLe+
Para celebrar o Día das Letras Galegas organizamos o obradoiro "Unha viaxe creativa polas estacións do ano". Xoves 16 de maio ás 18:30h na biblioteca municipal. A academia As Curuxas- aula das ciencias de Allariz desprazarase á nosa biblioteca para impartir este obradoiro, no que se realizarán obxectos decorativos con materiais de refugallo que os participantes poderán levar para casa: - Maceta humanizada con materiais de refugallo - Folla de macramé con fíos de algodón Para participar é necesario inscribirse na biblioteca, xa que as prazas son limitadas. Este obradoiro forma parte do programa de animación á lectura Ler Conta Moito da Xunta de Galicia.
me encantaria que pudieseis visionar un dia la pelicula de MARCELINO, PAN Y VINO ¿PORQUE NO UNA TARDE EN LAS FIERSDTAS DE ESGOS?
ResponderEliminar