Entradas

Día do usuario das bibliotecas

Imagen
No mes de xaneiro celébrase o "Día do usuario" nas bibliotecas públicas e na de Esgos queremos facer un recoñecemento público aos usuarios que máis nos visitan e aos que más libros retiran, xa que os usuarios sodes a razón de existir das bibliotecas públicas. ▪️ Usuarios que máis acuden á biblioteca:  Adultos: Chita, Marti Carmen e Martín Mocidade:  Galiza, Eva e Fernando Infantil: Hugo, Xabi e Dana ▪️ Usuarios con máis préstamos: Adultos: Moncho, Loli e Layo Mocidade: Eva, Fernando e Ainhoa Infantil: Xabi, Dana e Noa Durante o ano 2025 realizáronse case 800 préstamos de libros o que supón un gran logro. Sigamos así. Parabéns!!

CURSOS GRATUITOS EN COMPETENCIAS DIXITAIS

Imagen
Dende o Concello coa Fundación Cibervoluntarios propoñemos formacións gratuitas en competencias dixitais para o vindeiro ano.  Propoñemos 2 cursos: Ocio dixital e Tecnoloxía e Benestar. Cada curso ten unha duración de 12 horas que se repartirán en 4 días (3 horas/día) Os cursos están destinados á poboación en xeral de entre 18 e 59 anos e tamén ás persoas maiores de 60 anos.  Para que se poida celebrar algún dos cursos necesítase un mínimo de 8 participantes inscritos con antelación polo que as persoas interesadas deberán inscribirse na biblioteca o antes posible. Máis info na biblioteca.  

Dalle vida ao teu pobo dendo o mundo dixital

Imagen
  Dixitalización nas áreas rurais: Empoderando á mocidade como axentes de cambio. Reducindo a fenda dixital en Lugo e Ourense coa mocidade O proxecto Conecta Rural xorde ante a fenda dixital que afecta ás zonas rurais do interior de Galicia, especialmente nas provincias de Lugo e Ourense. Destinatarios: Mozos e mozas de 16 a 30 anos de ESGOS - GUNTÍN - PALAS DE REI - SAN CIBRAO DAS VIÑAS - SAMOS Inscricións na web: https://www.lugopenfactory.com/gl/register/ Consúltanos a través de email: benvida@lugopenfactory.com ou envíanos un WhatsApp ao número 620 78 98 35

Libros para conmemorar o 25 N

Imagen
Para conmemorar o 25N  (Día Internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres) dende a biblioteca propoñemos unha serie de libros para todas as idades.  Poderás atopar libros libros educativos, novelas, casos reais e contos infantís. Ler é unha ferramenta poderosa para previr a violencia de xénero dende a infancia ata a idade adulta, porque fomenta a empatía, axuda a identificar situacións de maltrato e promove a igualdade. 

Curso de autodefensa para mulleres

Imagen
  Clase de autodefensa para mulleres da man de Lorena Gómez Cid. Non se require unha determinada condición física nin hai límite de idade, só ter ganas de aprender e pasalo ben!! Sábado 29 de novembro de 11:00 a 13:00h no Centro Cultural Parada Justel. Inscricións nos Servizos Sociais do Concello ou na biblioteca. Esta actividade forma parte da programación do concello para o mes de novembro, no que conmemoramos o Día Internacional da elimininación da violencia de xénero.

Campaña de recollida de alimentos

Imagen
Un Nadal máis a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Concello de Esgos súmanse a campaña de recollida de alimentos nos perecedeiros "Por un Nadal Feliz para tod@s", organizada por O Voluntariado de Protección Civil en Ourense  a favor do Banco de Alimentos de Ourense. Podes contrubuir na recollida entregando alimentos nos pereceiros nos puntos de recollida situados no Concello, na biblioteca, nos bares e tendas marcados co cartel da campaña. Ademais, voluntariados de protección civil farán como o ano pasado un percorrido polos diferentes pobos para a recollida de alimentos.

Charlas do Plan Maior Seguridade

Imagen
A Garda Civil ofrecerá dúas charlas sobre o “Plan Maior de Seguridade” no Concello de Esgos organizadas polos Servizos Sociais do Concello. Centro Cultural Parada Justel (Esgos): mércores 19 de novembro ás 18:30h Local social de Pardeconde: Xoves 27 de novembro ás 17:30h O «Plan Maior Seguridade» é unha iniciativa do Ministerio do Interior de España que ten como obxectivo principal previr as principais ameazas que afectan á seguridade das persoas maiores e que busca fomentar a confianza das persoas maiores nas Forzas e Corpos de Seguridade do Estado. Nestes encontros, proporciónanse consellos prácticos para previr estafas, roubos e outros delitos comúns, ademais de ofrecer pautas claras sobre como actuar en caso de ser vítima dun delito.