Entradas

Inauguración oficial da biblioteca

Imagen
  O sábado 26 de outubro ás 18:00horas terá lugar a inauguración "oficial" da nova biblioteca, que está aberta ao público dende o 3 de novembro do ano pasado. O acto estará presidido por Luis Menor, presidente da Deputación de Ourense e contará coa presencia de Lourdes Parada, que doou a palleira que se rehabilitou como biblioteca. Lourdes Parada cedeu a palleira ó concello sen coste algún coa condición de que a biblitoeca levará o nome de "Delio Parada Carballo"

Samaín

Imagen
O xoves 31 de outubro celebraremos un ano máis o Samaín cun percorrido da rapazada polas casas dos veciños. Para asistir é imprescindible inscribirse na biblioteca antes do martes 29 de outubro, onde xa se explicarán as condicións de participación. Debido a esta actividade a biblioteca estará pechada o xoves 31 de outubro

Funtastik - No limits

Imagen
  O recinto de Expourense acollerá dende hoxe a primeira edición do parque de xogos Funtastik. Non limits, un universo de multi experiencias divertidas e educativas para a rapazada: pista de patinaxe sobre xeo ecolóxico, inchables de salto para os máis pequenos e circuítos de inchables con probas de esforzo e superación.  Ademáis tamén haberá espazos temáticos dos PITFOS® e LEIGO®, onde atoparán múltiples xogos interactivos onde divertirse mentres fomentan a imaxinación e creatividade. INSCRICIÓNS: O Concello de Esgos dispón dun número limtado de entradas gratuítas que se entregarán aos nenos e nenas do Concello que o soliciten por orde de inscrición da seguinte maneira: - Mensaxe ao Whatsaspp da biblioteca (607494439) hoxe venres 4 de outubro entre as 17:30 e as 20:00h. - Chamada ás oficinas municipais (988290000) de 9:00 a 14:00h Os menores deberán ir acompañados. Entregarase unha entrada de adulto por familia se hai prazas, senon deberán pagar a entrada (9 €). DATAS: Os d...

Pechado

O luns 7 de outubro a biblioteca estará pechada. Desculpade as molestias.

Horario de tarde

O luns 2 de setembro voltamos a abrir polas tardes: de luns a venres de 17:30h a 20:15h

Mañana de yincana literaria

Imagen
Estrategia, lógica, memoria, habilidad, agilidad...en la  yincana literaria  de hoy en Esgos. Un equipo vencedor, el "Liberty" y una única ganadora, Clara. ¡Gracias por participar!  

Vacacións de verán

Imagen
 A biblioteca estará pechada desde o 16 ao 30 de agosto, ambos incluidos. Desculpen as molestias. O luns 2 de setembro volvemos abrir polas tardes, de 17:30 a 20:30h (Se teñen libros pendentes de devolver poden deixalos no concello)