Entradas

Día da muller

Imagen
  Para celebrar o Día da Muller este concello ten previstas varias actividades este mes de marzo: A escola de baile Estilo Libre impartirá unha clase de baile para todos os públicos e todas as idades o sábado 11 de marzo ás 17:30h na praza da Souteira si o tempo o permite (en caso de choiva será no Centro Cultural Parada Justel). A finais de mes, o domingo 26 de marzo ás 18:30h está previsto un concerto de pianista María Mendoza no Centro Cultural Parada Justel.

Charla sobre nutrición

Imagen
O Concello de Esgos participa no programa de envellecemento activo  “Activízate acumulando pasos”, dirixido a persoas maiores de 50 anos,  e desenvolvido polo Campus Itinerante IV Ciclo da Universidade de  Santiago de Compostela (USC). Dentro deste programa os doutores e profesores D. Sergio Cinza  Sanjurjo e D. José Manuel García López impartirán unha charla sobre  «NUTRICIÓN» o mércores 8 de marzo ás 18:00h no Centro Cultural Parada  Justel (Esgos). Os interesados en asistir poden anotarse no Concello, na biblioteca ou no correo electrónico info@concelloesgos.com

Xornada "A administración preto de ti"

Imagen
Persoal da Subdelegación do Goberno se desprazará ata o noso Concello para explicar o funcionamento da administración electrónica dentro das xornadas «A Administración preto de ti» e emitir o certificado dixital ás persoas que o desexen evitando así desprazamentos Dende a biblioteca animámosvos a participar, só será necesario acudir co DNI en vigor. Luns 23 de xaneiro ás 12:30h no Salón de plenos do Concello de Esgos O certificado electrónico permite realizar trámites de forma segura coa Administración Pública e Entidades Privadas a través de Internet, olvidándose de desprazamentos, esperas innecesarias e citas previas: Solicitar e tramitar subvencións, solicitar ou calcular a idade de xubilación solicitar a tarxeta sanitaria europea obter o informe de vida laboral consultar o saldo de puntos do carné de conducir solicitar a prestación por desempleo, certificado de antecedentes penales, solicitude e renovación de licenzas de armas consultar os datos dos inmobles do titular, Acceder ao ...

Libros novos

Imagen
Comezamos o ano incorporando novos libros ao catálogo: ampliamos a colección infantil e a colección en inglés.

Competencias clave

Imagen
Non dispós de título de ESO ou Bacharelato?  A Xunta convoca as probas de avaliación en competencias clave para que as persoas que non posúen a Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) ou o Bacharelato poidan acreditar os seus coñecementos e así acceder á formación para o emprego e cursar os certificados de profesionalidade que os inclúen como requisito.    O prazo de solicitude para presentarse ás probas xa está aberto e remata o 10 de febreiro. Está previsto que os exames teñan lugar o próximo mes de maio en sesións de mañá e tarde, no Recinto Feiral de Silleda, en Pontevedra. Con estas medidas a Xunta trata de favorecer o acceso á cualificación profesional de galegas e galegos, sen que a súa formación académica previa poida resultar un impedimento á hora de incrementar as súas opcións laborais no futuro. Máis info na biblioteca ou no seguinte enlace

Día do usuario/a das bibliotecas

Imagen
Hoxe celebramos o Día do usuario/a das bibliotecas cun recoñecementos aos usuarios máis activos: Os tres usuarios infantiles e os tres adultos con más préstamos durante o 2022 verán incrementado o número de exemplares que poden levar en préstamo á vez e tamén se lles ampliará o número de días para as devolucións. Además figurarán no "tablón de honra" da biblioteca e os máis pequenos recibirán unha medalla.

Competencias clave

A Xunta abre mañá o prazo de solicitude para as probas coas que avaliará as competencias clave en matemáticas e linguas. O Diario Oficial de Galicia publica as probas de avaliación en competencias clave para que as persoas que non posúen a Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) ou o Bacharelato poidan acreditar os seus coñecementos e así acceder á formación para o emprego e cursar os certificados de profesionalidade que os inclúen como requisito.    Máis info