Entradas

Separemos ben, reciclaremos mellor,

Imagen
A aula móbil da campaña "Separemos ben, reciclaremos mellor" de Sogama estivo hoxe en Esgos. Os nenos e nenas do campamento urbán aprenderon sobre reciclaxe a través de diferentes xogos. Os monitores de Sogama tamén informaron ós veciños sobre como separar os residuos correctamente.

Educamóbil

O vehículo EDUCAMOBIL estará este mes no Concello de Esgos para que os nenos de entre 4 e 11 anos podan disfrutar dun intre de xogos informáticos e de lecer. Lugar: Praza da Souteira, Esgos Dia: Venres 3 de xullo Hora: De 9:00 a 13:00 horas Este servizo é gratuito. Máis información nos servizos sociais do concello.

Campamento de verán

Imagen
O luns 6 de xullo comezará o campamento urbano de verán. Este campamento está dirixido a nenos e nenas de entre 4 e 12 anos. HORARIO: De luns a venres de 10:30 a 13:30 horas PREZO: Para os nenos empadroados o campamento será gratuíto e para os non empadroados terá un custe de 10 € en concepto de matrícula para o mes de xullo e 10 € para o mes de agosto. Ademais este ano, contaremos tamén cun servizo de acollida previo ó horario de campamento para as familias traballadoras. Máis información nos servizos sociais ou na biblioteca.

Horario de verán

Imagen
Como ben sendo costume o horario da biblioteca cambiará coa apertura das piscinas, así que a biblioteca durante o verán estará aberta de 11 a 14 horas a partir do luns 29 de xuño. As piscinas municipais estarán abertas a partir do venres 26 de xuño, en horario de 12:00 h a 21:00 h

Campamento Explora Ourense

Imagen
O Campamento Explora Ourense abre o seu prazo de inscrición para que 50 nenos e nenas da provincia de Ourense descubran un dos recunchos máis fermosos da nosa natureza, o Parque Natural do Xurés. Este campamento, que está organizado pola Deputación de Ourense e o colectivo Sustinea, desenvolverase do 18-24 de xullo ( 12 a 14 anos) e do 26 de xullo- 1 de agosto (9 a 11 anos) no Complexo do Corgo, en Muíños e con un prezo de 88 euros. Os 7 días de convivencia servirán para que os nenos e nenas desenvolvan valores de solidariedade e compañeirismo sendo os protagonistas das actividades, así como actividades en contacto directo coa natureza, roteiros no Parque Natural, tiro con arco, etnografía pola Aldea de Salgueiro, tirolina e rapel, xeocaching, actividades náuticas, etc. Para máis información e inscricións podedes consultar a web www.exploraourense.com , no correo info@exploraourense.com ou no teléfono 988.782.964. O prazo de solicitude de prazas remata o 12 de xuño.

Dada o duende estivo na biblioteca

Imagen
Dada o duende estivo hoxe na biblitoeca para contar contos de animais. Asistiron 15 nenos e nenas e 11 adultos. Esta actividade forma parte do programa de animación á lectura "Ler conta moito"

Obradoiro de aceites naturais

Imagen
DATA:  6 de XUÑO HORARIO: 17:00 h LOCAL: LOCAL SOCIAL  ESGOS Si estás interesada acode,  ao final trataremos as actividades para aproxima tempada Xa sabes, non te quedes parada, ¡Participa! Faite socia. (Exclusivamente para socias da Asociación de Mulleres “Os Picotiños”)