Entradas

Cea de mulleres

A asociación de mulleres rurais "Os Picotiños" organiza con motivo do Dia Internacional da Muller Traballadora o vindeiro 6 marzo unha cea dirixida a tódalas mulleres do municipio. Lugar: Restaurante "Os Caracoles" Data: Sábado, 6 de marzo Hora: 22.00 h. Prezo: 20 € (socias); 30 € (non socias) As interesadas deberán inscribirse antes do 4 de marzo nos Servizos Sociais do concello (Angeles), na perruquería Lúa Chea ou falando con Noemí.

Entroido 2010

Imagen
Pódense ver as fotos do entroido 2010 na web concello, tanto as dos felos como as do concurso de disfraces do domingo de entroido. O xurado decidiu que os gañadores do concurso foran: Primeiro premio: "O faraón e familia..." Segundo premio: "Os poliños" Terceiro premio: "Os romanos" O premio ó mellor grupo reducido foi para "A familia pirata" :

Dia de Internet Seguro

Hoy se celebra el Dia de Internet Seguro con el objetivo de promover, sobre todo entre los jóvenes el uso responsable y seguro de las nuevas tecnologías. Este año el evento está dedicado a la gestión de imágenes y contenidos en Internet, con el eslogan " Piénsalo Antes " que pretende concienciar de las consecuencias de la publicación de fotografías en Internet. Aprovechamos para recordaros unos consejos sobre privacidad: No cuelgues fotos "atrevidas" porque esa foto ya no será sólo tuya, sino de todo el mundo. Hacerse pasar por otra persona usando su foto para crear un perfil no es un comportamiento aceptable y puede tener consecuencias legales. No todo lo que se ve en Internet en cierto y muchas fotos están manipuladas. No puedes publicar la foto de alguien sin su permiso. Es recomendable no publicar datos personales como nombre, dirección, teléfono, etc. Ponerse en contacto con desconocidos puede ser peligroso. En internetsegura2010.com ...

Desfile de entroido 2010

Imagen
Data: Domingo 14 de Febreiro Hora: 17:00 h Lugar: Praza da Souteira (Esgos) Participarán no desfile de "Entroido 2010" os felos, as carrozas e todos os que acudan disfrazados. A música correrá a cargo dunha charanga. Ó rematar o desfile, haberá merenda para os nenos que acudan disfrazados. Premios concurso: Mellor individual: 40 € Mellor grupo reducido (ata 8): 60 € Premio especial carrozas e grupos numerosos: 1º clasificado: 100 € + Xamon 2º clasificado: 100 € + Cachucha 3º clasificado: 80 € + Lacon 4º clasificado: 60 € + 2 Codillos Os participantes no concurso de carrozas e grupos numerosos deben anotarse no Concello antes do día 12 de Febreiro

A biblioteca en Internet

Imagen
A biblioteca do concello forma parte da "Rede de bibliotecas de Galicia" e un dos benefecios que esto supón é que a través da web www.opacmeiga.rbgalicia.org pódese consultar o catálogo de libros dispoñibles, reservar libros... Consultar o catálogo é tan sinxelo como: Acceder á web www.opacmeiga.rbgalicia.org Elexir a Provincia (Ourense), Comarca (Ourense), Concello (Esgos). "Entrar na Biblioteca" Unha vez dentro da web da biblioteca de Esgos poderemos buscar libros por título, autor, materia... E tamén reservar libros, deixar a nosa opinión sobre os libros que lemos, etc. Aínda nos faltan libros por catalogar, pero xa te podes achegar ata a biblioteca e ver o material que temos á vosa disposición: Infantil: libros de contos, aventuras, natureza, animais, comics... Adultos: novelas, historia, cociña, medicina, arte, cine, galicia... Anímate a ler!!!

Curso de risoterapia

Imagen
“OS BENEFICIOS DA RISA PARA A SAÚDE” CURSO RISOTERAPIA (unha terapia para mellorar a saúde) DATA DE COMENZO: Sábado 20 de FEBREIRO HORARIO: Sábados 17:30 as 19:00 Horas. LUGAR: Local Social (Centro de Saúde) Esgos. Con este curso conseguirás mellorar aspectos físicos e psicológicos Exercitarás máis de 400 músculos, tanto do estómago como da cara Oxixenarás os pulmóns Rexuvenecerás os músculos da cara Eliminarás o estrés Aliviarás problemas depresivos Aprenderás a exteriorizar as túas emocións Si estás interesada VEN Xa sabes, non te quedes parada, ¡Participa! (exclusivamente para socias da Asociación de Mulleres “Os Picotiños”)

Os Reis Magos visitaron ós rapaces de Esgos

Imagen
O martes pola mañá, víspera do dia de Reis, as suas maxestades os Reis Magos de Oriente visitaron ós nenos do concello. Deixaron os camellos nunha cuadra próxima e un empregado do concello foi a recoller a Melchor, Gaspar e Baltasar para achegalos ata a praza da Souteria, onde os agardaban os nenos. Repartiron ó chegar caramelos, piruletas, globos, etc Tamén entregaron os premios do "X Concurso de postais" e unhos agasallos a todos os nenos presentes: puzles dos Bolechas no Mosteiro de San Pedro de Rocas. Estes puzles ainda nos sairon ó mercado, pero os nenos de Esgos xa poden disfrutar deles en primicia.