Entradas

Mostrando entradas de octubre, 2025

Día de las bibliotecas: Manual para vivir en el rural

Imagen
Segundo a IA:  A finalidade das bibliotecas é proporcionar acceso á información, o coñecemento, a cultura e o lecer, actuando como centros comunitarios para a aprendizaxe, a colaboración e a expresión.  As súas funcións inclúen a preservación do patrimonio cultural, a promoción da lectura e a alfabetización, o asesoramento aos usuarios, e a creación de espazos físicos e dixitais que fomenten a socialización e o desenvolvemento persoal e profesional. Partindo entón da biblioteca como centro comunitario que fomenta a socialización para a aprendizaxe e a colaboración propoñémosvos para celebrar o Día das bibliotecas (24 de outubro) que participedes na elaboración dun "manual" para vivir no rural. Trátase de recompilar esas normas non escritas que todo persoa que vive nun pobo coñece e que lle resultan curiosas a visitantes e novos veciños. Sirvan de exemplos: Se te atopas con alguén polo camiño saúdase e se esa persoa faiche preguntas... pois as contestas, que non é por rexouba...

Plan de lectura provincial

Imagen
  O Concello de Esgos súmase ao Plan de Lectura Provincial 2025 da Deputación de Ourense, polo que todos os nenos e nenas menores de 18 anos empadroados no noso Concello poderán beneficiarse dun bono de 20€ para mercar libros co que se busca fomentar o hábito lector dende as idades máis temperás. 📆 Prazo: do 15 de outubro ao 20 de decembro de 2025 👉 Bono lector: ata 20 € para mercar libros nas librarías adheridas da provincia. 🔹 Procedemento: 1. Realizar unha solicitude a través de https://libros.ourense.gal/ 2. Unha vez cubertos os datos requiridos recibirás un código alfanumérico que deberás presentar, xunto co DNI, no establecemento onde vaias facer a compra do libro. (O listado de librerías adheridas a este programa pode consultarse en https://libros.ourense.gal/ )

Samaín

Imagen
O venres 31 de outubro celebraremos un ano máis o Samaín cun percorrido da rapazada polas casas dos veciños. Para facer esta ruta é imprescindible inscribirse na biblioteca antes do 28 de outubro, onde xa se explicarán as condicións de participación. Este ano ademais, contaremos cunha "Casa do Terror" no Centro Cultural Parada Justel que estará aberta dende as 18:30h ás 20:30h para calquera que ouse entrar. Atréveste?

Charla para emprendedores

Imagen
Charla de emprendemento impartida polo equipo técnico do Polo de Emprendemento e Apoio ao Emprego de Baños de Molgas. 📆 Xoves 16 de outubro de 17:30 a 19:30h  📌 Biblioteca Municipal de Esgos. 👉  Temas a tratar: - Servizos gratuitos do polo - Subvencións ao emprendemento - Axudas específicas ao sector turístico e hostalería - Axudas á eficiencia enerxética 📝 Inscrición e máis info:  - Biblioteca de Esgos (Teléfono 988482684 / Whatsapp 607494439)  - Técnicos do Polo de empredemento 672944055 / 641599418