Celebración do Samaín
O pasado día 31 de outubro celebramos o Samaín para o que levamos varios días preparando a decoracióne unhas chapas de recordo.
Comezamos pedindo "limosniñas para os defuntiños" na residencia de maiores de Esgos e nas casas do veciños.
Merendamos e visitamos as "urxencias" para todo tipo de "seres" situadas na antiga biblioteca.
Continuamos o percorrido polos camiños onde atopamos homes lobo e outras criaturas e rematamos cunha chocolatada na praza de Saa.
Pasamos unha tarde terrorífica!!
Comentarios
Publicar un comentario