O concello de Esgos ven de publicar unha liña de axudas para as familias con fillos menores de 5 anos: Axudas á escolarización 90 euros por neno/a matriculado nos cursos de 4º,5º e 6º de Educación Infantil (3,4 y 5 años). Serán subvencionables os gastos derivados da adquisición de material escolar e complementario que sexa necesario como consecuencia da escolaridade: Material escolar funxible: cadernos, folios, cores, lapis, bolígrafos, cartafoles, tinta de impresora… Material complementario: regras, estoxo, mochilas. Material deportivo: chándal, tenis, camisetas, calcetíns. Roupa de abrigo e calzado. Máis info en: https://concelloesgos.com/axudas-a-escolarizacion/ Axudas á natalidade 500 euros por nacemento, adopción ou acollemento de menores acaecidos nos anos 2021 e 2022. Serán subvencionables aqueles gastos destinados á adquisición de artigos para o coidado dos menores, tales como: Vestimenta, calzado… Utensilios de puericultura, artigos de seguridade para o bebé. Produtos san...