Entradas

Mostrando entradas de febrero, 2022

Andaina pola igualdade

Imagen
Para conmemorar o Día da Muller (8M) e reivindicar a igualdade entre mulleres e homes organizamos unha marcha pola igualdade para o sábado 5 de marzo ás 16:00h. A marcha discurrirá pola ruta dos muiños, con dúas opcións: 5 km: Comezo en Esgos e remate na área recreativa de Laioso 10 km: Comezo e remate en Esgos Para participar é necesario inscribirse nos Servizos Sociais do Concello ou na biblioteca.

Día de Rosalía de Castro

Imagen
Hoxe é o Día de Rosalía de Castro. E queremos homenaxear a unha das grandes autoras en lingua galega lembrando un dos seus poemas: Cando penso que te fuches  negra sombra que me asombras,  ó pe dos meus cabezales  tornas facéndome mofa.  Cando maxino que es ida  no mesmo sol te me amostras  i eres a estrela que brila  i eres o vento que zoa.  Si cantan, es ti que cantas  si choran, es ti que choras  i es o marmurio do río  i es a noite, i es a aurora.  En todo estás e ti es todo  pra min i en min mesma moras, nin me abandonarás nunca,  sombra que sempre me asombras. Follas Novas, 1880 Na biblioteca temos varios libros de Rosalía de Castro que están agardándovos.

Nova convocatoria para as competencias clave

Imagen
  A Xunta convocou, a través do Diario Oficial de Galicia (DOG) , as probas de avaliación en competencias clave para que as persoas que non posúen a Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) ou o Bacharelato poidan acreditar os seus coñecementos, acceder á formación para o emprego e cursar os certificados de profesionalidade que requiren deses requisitos académicos. A presentación de solicitudes finalizará o próximo 7 de abril de 2022 e pode realizarse a través da Sede electrónica da Xunta (código de procedemento TR306A).  Os exames nos que se valorarán as competencias das personas participantes en matemáticas, lingua castellana, lingua galega e inglés, terán lugar a finais do mes de xuño no Recinto Feiral de Silleda (Pontevedra). Na biblioteca podedes atopar asesoramento sobre a inscrición, o procedemento, as materias, etc. Toda a información pode consultarse en https://empregoeigualdade.xunta.gal/formacion/competencias-clave

Libros para a rapazada

Imagen
  Ampliamos a sección infantil con libros tanto en galego como en castelán.  Esperamos que vos gusten!

Novidades febreiro

Imagen
 Seguimos ampliando o catálogo de libros: comic, costura, saúde... A partir de mañá tamén estarán dispoñibles na sección infantil: 

Concurso "Lingua de namorar"

Volve un ano máis “Lingua de Namorar”, un concurso para exaltar o amor en galego. Si queres participar podes facelo a través da web de Xuventude Galega ou en Instagram (@xuventudegalicia) cumprindo co seguinte: ⁣ ❤️  Segue o perfil de Instagram @xuventudegalicia e @linguagalega⁣⁣ ⁣⁣❤️  Escribe neste post a túa mensaxe de amor en galego (máximo 200 caracteres), indicando, en primeiro lugar, un cancelo que recolla o título, e despois a mensaxe.  Ao final da publicación, engade os cancelos #LinguaDeNamorar e #NamorarEnPandemia e etiqueta a @linguagalega.  ❤️  Menciona tamén a dúas persoas coas que queiras compartir a mensaxe. ⁣⁣ ⁣ PRAZO: Ata o 18 de marzo. O xurado preseleccionará 6 mensaxes de entre todas as presentadas, que se someterán á votación final do público desde o 1 ao 8 de abril. ⁣⁣ ⁣⁣PREMIO: un patinete eléctrico Máis info: http://xuventude.xunta.es/linguadenamorar

"Regala" un libro por San Valentín

Imagen
El año pasado os propusimos para celebrar San Valentín tener una cita a ciegas con un libro , pero este año queremos cambiarlo un poco. Os proponemos que celebréis este San Valentín "regalando" un libro de la biblioteca:  1. Acércate a la biblioteca pensando en una persona especial 2. Escoge un libro que le pueda gustar a esa persona y llévalo en préstamo 3. "Regala" el libro a esa persona para que lo pueda leer.  Los libros que "regaleis" sólo serán un préstamo, pero irán acompañados de un detalle dulce que lógicamente no habrá que devolver.