Campaña solidaria "Nas súas mochilas, o seu futuro"

Dende a biblioteca de Esgos queremos colaborar coa campaña solidaria de recollida de material escolar novo organizada pola Fundación Amigos de Galicia. O obxectivo é encher con material escolar novo 974 mochilas que se entregarán a nenos e nenas de familias en situación de vulnerabilidade social, para que poidan desenvolver os seus estudos en igualdade de condicións. Así que recolleremos dende hoxe ata o venres MATERIAL ESCOLAR NOVO, que entregaremos no centro comercial Ponte Vella o sábado día 4. Precísanse: libretas, carpetas, lapis, bolígrafos, ceras, gomas... e calquera outro tipo de elementos coma compases, carpetas, regras ou mascarillas infantiles. O único requisito é que todo o material entregado sexa totalmente novo. Máis información en: https://www.fundacionamigosdegalicia.org/campa%C3%B1as/material-escolar-2021