Entradas

Obradoiro infantil de adornos do Nadal

Imagen
  🎄🎅 Adiantamos unha das actividades previstas para este Nadal na biblioteca debido á que é necesario inscribirse con suficiente antelación para ter preparados os kits de traballo personalizados. Podedes apuntarvos segundo a idade a dous obradoiros de adornos que elaboraremos coa técnica do tricotín.  Vernes 15 de decembro ás 17:30h para nenos e nenas maiores de 8 anos. Venres 22 de decembro ás 17:30h para nenos e nenas de entre 5 e 7 anos. O custe do obradoiro é de 5€ para os gastos de material. Non vos descoidedes, que as prazas son limitadas!

25N

Imagen
Co gallo do 25N – Día Internacional da eliminación da violencia contra as mulleres levaremos a cabo dende o concello diferentes actividades: Inauguración dun espazo para reflexionar sobre as relacións de parella, o sábado na aira da biblioteca. Inauguración da «Ruta da mesa dos mouros» o domingo, cunha mini andaina circular de 7 km. Xornada de autodefensa para mulleres, que se celebrará en xaneiro por cuestións de axenda. Dende a biblioteca tamén se promocionarán esta semana os libros sobre igualdade e violencia de xénero e para o martes 28 de novembro está prevista ás 18:00h a presentación do libro Os segredos de Teresa, de Oscar M. Guzmán, no que tamén se trata a violencia contra as mulleres. Ademais as asociacións tamén organizarán actividades para este 25N: - Andaina das Mulleres Rurais Os Picotiños  - Obradoiro sobre violencia dixital na Asociación Rezomilo de Vilar.  

Conversa con Oscar Guzmán

Imagen
Oscar M. Guzmán visitará a nosa biblioteca para falarnos da súa novela Os segredos de Teresa . unha novela ambientada en San Pedro de Rocas. Agardámosvos  o martes 28 de novembro ás 18:00h na biblioteca.

Aviso

O luns 20 de novembro a biblioteca estará pechada. Desculpade as molestias

Aviso

 O mércores 8 de novembro a biblioteca permanecerá pechada. Desculpade as molestias. ***** Voltamos o xoves coa visita dunha productora de TV que gravará unha reportaxe sobre a nova biblioteca.  Estades todos invitados a participar nesta gravación.  Agardámosvos o xoves ás 17:15h

Carné de usuario da biblitoeca

Imagen
Aínda non es socio/a da biblioteca?  Podes solicitar de maneira gratuíta o teu carné de dúas maneiras: Directamente na biblioteca. A través de internet cubrido este formulario . Que vantaxes ten facerse socio? Obterás un carné único da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia que che permite acceder aos servizos de préstamo de todas as bibliotecas que participan no programa.  Poderás renovar os teus préstamos, suxerir compras, facer comentarios, etc. a través de internet. Terás acceso á plataforma de préstamo de libros electrónicos, revistas e películas de GaliciaLe GaliciaLe dispón de dous catálogos diferentes:  - Catálogo en galego: 3 libros electrónicos (21 días) e 2 películas (48 horas)  - Catálogo en castelán: 3 libros electrónicos (21 días), 2 audiolibros (21 días) e 2 revistas (72 horas) Consulta para máis información as normas para o préstamo de libros e o catálogo da nosa biblioteca .

Premio concurso María Moliner

Imagen
  Recibimos o diploma do "Premio María Moliner de animación á lectura 2023" outorgado á nosa biblioteca polo proxecto "Los libros salen a la calle" levado a cabo no primeiro semestre de 2023. O premio de  2.772 euros será destinado exclusivamente á compra de libros para a biblioteca, o que nos permite manter o noso fondo de libros actualizado, así como atender as demandas dos usuarios.