Entradas

Reduce, reutiliza e recicla co raposo Rufo

Imagen
Comezaremos o mes de agosto cun contacontos para concienciar sobre a nosa responsabilidade de manter limpo o noso planeta, na que os nenos e nenas aprenderán como separar o lixo (e a importancia de facelo) e a darlle unha segunda vida aos obxectos cotiás.  Agardámosvos o martes 1 de agosto ás 11:30h no Centro Cultural Parada Justel. (Necesario inscrición previa na biblioteca ou a través do correo biblioesgos@gmail.com agás para os nenos e nenas que participan no campamento) Esta actividade está organizada pola biblioteca municipal dentro do programa de animación á lectura Ler conta moito, da Secretaría Xeral de Cultura da Xunta de Galicia.

Zapatiños de cartón e a carta dos bosques

Imagen
O xoves 20 de xullo temos sesión de contacontos da man de Anxo Moure. Zapatiños de Cartón, o avó do Carballo con Botas, chega á biblioteca portador dunha carta dos bosques para que nenas e nenas aprendan a coidar da terra. Grazas aos libros podemos coñecer e coidar de teixos, freixos, bidueiras..., porque as bibliotecas son bosques xa que os libros algún día foron árbores. Lugar: Praza da Souteira (Esgos) Data e hora: xoves 20 ás 11:30h Esta actividade está enmarcada no programa de animación á lectura Ler conta moito, da Secretaría Xeral de Cultura da Xunta de Galicia.

Xogos tradicionais

Imagen
O Concello organiza un Obradoiro de Xogos Tradicionais cofinanciado pola Deputación de Ourense. Trátase dunha actividade que ten como obxectivo a conservación e a transmisión dos xogos tradicionais galegos ás novas xeracións, buscando así un ocio alternativo ás pantallas. Mércores 19 de xullo de 10 a 13h na Praza da Souteira (Esgos) (Gratuito, para todos os públicos e non é necesaria inscrición)

Premio María Moliner 2023

Imagen
La biblioteca municipal de Esgos es una de las galardonadas en el Concurso de proyectos de animación a la lectura, María Moliner 2023, organizado por el Ministerio de Cultura y Deporte y la Federación Española de Municipios y Provincias. En esta edición participaron más de 550 bibliotecas de municipios de menos de 50.000 habitantes y la nuestra ha sido una de las seleccionadas  por quinto año consecutivo y dotada con un premio de 2.772,22€ para la compra de libros.  "Los libros salen a la calle" es el proyecto que presentamos en esta edición con el que pretendemos seguir trabajando con nuestros usuarios, acercar los libros a nuevos lectores y seguir siendo un espacio vivo y de encuentro entre usuarios. Agradecemos a todos los usuarios y usuarias vuestra participación en las actividades que organizamos desde la biblioteca, contribuyendo así al éxito de este proyecto. 

Libros de verano

Imagen
Hoy ponemos en funcionamiento un nuevo servicio: Libros de verano. Dejamos en la piscina municipal una caja que contiene: Un lote de libros para diferentes edades que podeis leer allí o llevarlos para casa Una libreta y pinturas para dibujar, colorear o dejarnos algún mensaje. Marcapáginas de regalo

Estudo "O valor social das bibliotecas"

Imagen
  A Dirección Xeral de Cultura puxo en marcha un estudo titulado "O valor social das bibliotecas" para coñecer como a cidadanía valora os servizos que ofrecen as bibliotecas. Dende a biblioteca animámosvos a participar na recollida de datos para a elaboración deste estudo. Só tedes que contestar unha pequena enquisa en liña, dirixida tanto a persoas usuarias das bibliotecas como a persoas que habitualmente non usan este servizo. Para acceder á enquisa escaneade o código QR do cartel. Tamén podedes participar cubrindo o cuestionario de xeito manual que estará dispoñible na biblioteca.

Campamento de verán 2023

Imagen
  Aberto o prazo de inscrición para o campamento de verán Esgos 2023.  Este campamento pretende ser unha oferta lúdico/educativa que o Concello de Esgos lles ofrece ás familias para conciliar a vida persoal, laboral e familiar durante as vacacións de verán e, ao mesmo tempo, contribuír á formación socioeducativa da rapazada. Est dirixido a nenas e nenos de 3 a 16 anos.  No referente aos rapaces e rapazas de 3 anos, non poderán participar os que aínda non cursaran 4º de educación infantil. Toda a info e o formulario de solicitude en www.concelloesgos.com