Entradas

Os libros saen á rúa

Imagen
Hoxe sacamos os libros da biblioteca á rúa  para conmemorar o "Día do Libro" e así achegalos a un maior número de veciños. Ademais, durante a fin de semana varios lotes de libros de agasallo repartíronse polo café-bar Camiño Real (Esgos), o café-bar Agarimo (Alto do Couso) e a farmacia Cruz (Esgos) e mañá martes a caixa cos libros viaxará ata Vilar. Agardamos que vos gustaran!

Día do libro: Os libros saen á rúa

Imagen
Con motivo da celebración o Día do Libro o 23 de abril queremos achegar os libros ó maior número de veciños e veciñas, así que decidimos sacalos á rúa. Se o tempo o permite o luns 25 estaremos na Praza da Souteira para mostrarvos unha pequena selección do que podedes atopar na biblioteca. Ademais, deixaremos esta fin de semana en diferentes puntos (que iremos cambiando) unha caixa con libros que poderedes coller como agasallo.

Libros prestados

Imagen
Voltamos a compartir as fotos dos novos libros que mercamos o trimestre pasado grazas ao premio María Moliner de animación á lectura conseguido por esta biblioteca. Modificamos as fotos para que vexades que moitos deles xa foron prestados polo menos unha vez, e algúns ata en 3 ocasións. Un éxito!!

Aumento de préstamos

Imagen
O número de préstamos deste primeiro trimestre incrementouse un 38,58 % con respecto ao mesmo período do ano pasado. Estamos encantadas! Seguide así queridos lectores!

Homenaxeado deste ano polas Letras Galegas 2022

Imagen
Este ano o Día das Letras Galegas está adicado ao poeta, tradutor e escritor Florencio Delgado Gurriarán. Na biblioteca temos un libro sobre a súa vida e obra: - Florencio Delgado Gurriarán : vida e obra dun poeta valdeorrés, republicano e galeguista / Ricardo Gurriarán . #LetrasGalegas2022

Aviso

A biblioteca permanecerá pechada pola tarde o luns 28 de marzo. Para calquera "emerxencia" podedes poñervos en contacto con nós polas canles habituais: correo electrónico biblioesgos@gmail.com ou Whatsapp. Desculpade as molestias.

Día da poesía

Imagen
Hoxe, "Día da Poesía" queremos adicarllo a Filomena Dato, que foi unha escritora, poeta, oradora e feminista galega.  Na súa recompilación de poemas en galego, Follatos , fai unha alegación do papel da muller fronte aos estereotipos existentes a finais do século XIX. O poema "En defensa das mulleres" está considerado unha das primeiras obras feministas da nosa literatura.    Na biblioteca atoparás unha chea de libros de poesía en galego e en castelán, infantís e para adultos. Anímaste?