A biblioteca permanecerá pechada por vacacións a semana do 27 de decembro. Voltamos o 3 de xaneiro! Felices festas! (Se tedes libros para entregar podedes deixalos nas oficinas municipais)
Seguimos ampliando o catálogo da biblioteca con libros de lectura obrigatoria nos institutos e tamén con algunhas novidades en novela, cociña... solicitados polos lectores. Esta é unha pequena selección dos libros mercados co premio do "concurso María Moliner" outorgado a esta biblioteca. Seguiremos mercando máis! E ti, que vas ler neste Nadal?
Destinatarios: Nenos e nenas de 0 a 14 anos. Requisitos: - A postal deberá levar o nome e a idade. - Pódese empregar todo tipo de materiais (cartulina, algodón, goma eva, material reciclado...) e tamén se admiten postais virtuais (fotografías, TicTok, vídeos curtos...) Prazo de entrega: Ata o 28 de decembro nas oficinas municipais ou por correo electrónico a biblioesgos@gmail.com
Para celebrar o Dia Internacional para a Eliminación da violencia contra a muller esta semana todos os préstamos de libros sobre feminismo e violencia de xénero irán acompañados dun pequeno agasallo. Fixemos unha pequena selección de libros para todas as idades e as máis pequenas debuxaron pancartas para visibilizar o noso "NON Á VIOLENCIA"
Hoy recibimos una estupenda noticia del Ministerio de Cultura: La biblioteca de Esgos, con el proyecto "Las personas que leen son peligrosas" ha sido galardonada en la edición de este año del Concurso María Moliner. El objetivo de este certamen es premiar a 370 bibliotecas de ayuntamientos de toda España de menos de 50.000 habitantes que lleven a cabo un proyecto que incluya acciones de animación a la lectura, la eficiencia y labor bibliotecaria, la integración social en su comunidad y el uso de las nuevas tecnologías. El premio que nos han otorgado este año es de 2.000 euros para la adquisición de libros de los que se beneficiarán nuestras lectores y lectores, así que enhorabuena a todos.
Comezamos a decorar a biblioteca para o Samaín... Lembrade que o venres 29 celebraremos o noso particular Samaín , co percorrido polas casas e a visita á residencia de maiores de Esgos.