Entradas

Actualización de datos dos usuarios

IMPORTANTE para os usuarios da biblioteca! Estámonos preparando para cambiar o sistema de xestión da biblioteca e para iso necesitamos comprobar e actualizar os datos de TODOS os usuarios. Estes datos usaránse para emitir os novos carnés da biblioteca cos que poderedes retirar libros en calquera das bibliotecas da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia. Pregamos a todos os usuarios da biblio de Esgos, que o antes posible nos enviedes un correo a biblioesgos@gmail.com indicando: Nome completo DNI (salvo que sea menor de 14 anos e non teña DNI) Data de nacemento Enderezo Correo electrónico (si o ten) Se non recibimos estes datos, procederase á baixa do usuario no sistema. Gracias!

Sorteo polo Dia do Libro

Desde a Consellería de Política Social, a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, queren sumarase ao Día do libro cun sorteo na canle de Instagram de Xuventude: @XuventudeGalicia (#DíaDoLibro). Só tes que dicir a quen lle regalarías un libro neste día e poderás conseguir un dos 10 vales de 40€ que sortean para gastar nas librarías asociadas ao Carné Xove, unha vez abran de novo de xeito físico. Para participar hai que: Ser titular do Carné Xove Seguir a @xuventudegalicia Poderás participar desde as 00:00 h ata as 23:59 h do día 23 de abril. O sorteo realizarase o día 24 de abril. Consuta as bases do sorteo en:  http://xuventude.xunta.es/images/carneXove/sorteos/BBLL_SORTEO_DIA_DO_LIBRO.odt.pdf

Día do libro

Imagen
O xoves 23 de abril celébrase o Dia Internacional do Libro e en "condicións normais" adicaríamos esta semana a realizar distintas actividades na biblioteca, pero este ano é diferente. Non haberá contacontos nin manualidades nin lecturas na biblio, pero si queredes ler tedes á vosa disposición un amplio catálogo de libros dixitais en www.galiciale.es Se eres usuario da biblioteca e ainda non tés as claves para acceder a GaliciaLe envía un correo a esgostelecentro@gmail.com co teu nome e DNI e en poucos días recibirás un correo co teu usuario e contrasinal. Se non eres usuario de ningunha bibliteca GaliciaLe dache a oportunidade de darte de alta mentres dure o estado de alarma.

Cartas de apoio ós maiores

Imagen
Queridos nenos e nenas, como ben sabedes hai moitos avós vivindo na Residencia de Maiores de Esgos. Visitámolos no entroido, no campamento de verán, no samaín... e sempre se portan xenial con nós, tanto eles coma as súas coidadoras.  Dende que comezou esta pandemia do coronavirus non poden recibir visitas así que imos enviarlle cartas para que vexan que nos acordamos deles. Se queredes participar: 1. Escribe unha carta ou debuxo co teu nombre, idade, unha descrición personal e unha mensaxe de apoio e ánimo. 2. Sácalle unha foto 3. Envía a foto a esgostelecentro@gmail.com Dende a biblioteca enviaremos todas as cartas á residencia para que as poidan ler, e cando todo isto remate levarémoslle as orixinais.

Dia do libro infantil

Imagen
O 2 de abril celébrase o Dia Internacional do Libro Infantil e sempre vos animamos dende a biblioteca a participar nas actividades e concursos que organiza GALIX (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil) para as bibliotecas. Por mor das circunstancias excepcionais que estamos a vivir e dado que a biblioteca está pechada e vós estades na casa, este ano variaron as bases de maneira que ademais participar a través as bibliotecas escolares e públicas ou as librarías, tamén se poida facer a través das familias. Si queredes, podedes participar no concurso de GALIX: "Un poema na túa voz" : Se tendes entre 6 e 14 anos podedes participar no concurso. Escollede un poema tradicional ou de autor. Gravádeo cun móbil ou no ordenador (a familia, se quere, pode facervos os efectos de son). Mandade un correo antes do 10 de abril a galix@galix.org que inclúa: -  No asunto o texto  Concurso DILI «Un poema na túa voz». - A gravación de audio - Os datos do poema : Autoría; ou tradicional, p...

Galiciale para todos durante o estado de alarma

Imagen
O catálogo de préstamos electrónicos www.galiciale.es , que só estaba operativo para os usuarios das bibliotecas públicas galegas, ábrese agora a toda a poboación e de xeito gratuíto. Esta nova medida enmárcase na campaña #aculturasegue que a Consellería de Cultura e Turismo ten en marcha a raíz da crise sanitaria co obxectivo de ofrecer unha programación de lecer e cultural a través de internet que chegue a todos os fogares Rexístrate e coas claves que recibirás, accederás igualmente a eBiblio Galicia e ao Catálogo galego. Cando remate a corentena, disporás de 30 días para achegarte á biblioteca a solicitar o carné e seguir gozando das vantaxes de GaliciaLe.

Aclaracións sobre a impresión de tarefas escolares

Imagen
Como xa sabedes, mentres duren as medidas para a contención do coronavirus e poidamos, dende a biblioteca municipal imprimiremos as tarefas escolares e membros de Protección Civil volas deixarán na casa, pero compre aclarar que: Só imprimimos as tarefas dos usuarios da biblioteca deste Concello. Para un millor funcionamento deste servizo, por favor: 1. S eguide mandando ao correo electrónico esgostelecentro@gmail.com  unha vez por semana , ademais do nome do neno/a e o curso, as tarefas a imprimir, explicando claramente cales queredes. 2. Só repartiremos as tarefas unha vez por semana, sobre o mércores, así que tedes ata o martes pola mañá para enviar o correo. 3. Axudádenos, revisade as tarefas, xa que hai cousas que non é necesario imprimir e poden facelas os nenos directamente. Non se trata de imprimir por imprimir (xa sabedes que non nos gusta desperdiciar papel). 4. Coas tarefas tamén vos enviamos si queredes algún libro da biblioteca. Moitas gracias pola vosa paciencia! Estu...