Entradas

Obradoiro de Autodefensa Feminista

Imagen
Dende os Servizos Sociais do Concello de Esgos e dentro do Plan de Igualdade, por mor do DÍa Internacional pola eliminiación da Violencia contra a Muller, preténdese organizar un curso de autodefensa (física, psicolóxica e emocional) para mulleres. Data: Sábado 30 de Novembro Horario: 16:00 A 19:30 h. Lugar:  Centro Cultural Parada Justel (Esgos) Inscricións nos Servizos Sociais do Concello antes do 22 de novembro. De non cubrirse un mínimo de 15 prazas non poderá levarse a cabo a actividade.

Magosto

Imagen
O domingo 17 de novembro celebraremos o magosto na praza da Souteira, en Esgos ás 13:30 horas. Haberá: empanada, churrasco, chourizos, pan, viño, refrescos, castañas e bica. E actuará a charanga "A Felga". Para poder asistir deberán retirarse as entradas ata o 15 de novembro nos bares e tendas e nas oficinas do Concello a un prezo de 8€ os adultos e 3€ os nenos. O dia do magosto só se venderán entradas si quedan prazas dispoñibles (aforo 450 persoas) e o prezo será de 10€

Obradoiros audiovisuais Ribeira Sacra

Imagen
No mes de novembro impartiranse na biblioteca 2 obradoiros para nenos e nenas nos que se pretenderá analizar as vantaxes da vida no rural e gravar un vídeo no que se amosen os recursos do noso Concello.  Data e horario: 5 e 19 de novembro de 18:00 a 20:00h Lugar: Biblioteca Pública de Esgos Inscricións na biblioteca antes do luns 4 de novembro. A biblioteca estará pechada ao público mentres dure este obradoiro.

Decoración do samaín

Imagen
 🎃🎃🎃🎃🎃🎃 Comenzamos cos preparativos para o Samaín... 🎃🎃🎃🎃🎃🎃

Día da biblioteca

Imagen
Ven a celebrar con nós o Dia da biblioteca!!! Levar un libro para a casa, coller un libro para o colexio, ler o periódico, xogar nos ordenadores, colorear, xogar, facer manualidades, charlar, merendar... Calquera opción é boa para pasar un ratiño. O lema deste ano é “Aptas para todos os públicos”, #BibliotecasEnIgualdad.

Samaín 2019

Imagen
🎃🎃 O xoves 31 de outubro celebraremos un ano máis o SAMAIN cos nenos e nenas, cun percorrido polas casas dos veciños. 🎃🎃 Para participar é imprescindible: 1. Inscribir aos nenos e nenas na biblioteca antes do luns 28 2. Colaborar coa organización ou con algún dos veciños que nos abren as súas casas.

Educación positiva

Imagen
Obradoiro gratuito para pais e nais: EDUCACIÓN POSITIVA. Xoves 24 de outubro, de 17:30 a 19:00h no Centro Cultural Parada Justel (Esgos) Imparte Xarela Formacion Animacion