Entradas

Cine e andaina polo Dia Internacional contra a violencia de xénero

Imagen
A Asociación de Mulleres Rurais de Esgos “OS PICOTIÑOS”  en colaboración co Concello de Esgos, polo día Internacional contra a Violencia de Xénero, convida a todos os veciños e veciñas a participar o sábado 25 de novembro nas seguintes actividades: CINE: Proxección dunha película sobre a violencia de xénero ás 18:00 horas no Centro Cultural Parada Justel ANDAINA: Paseo polo camiño real dende Esgos a Rocas e volta a Esgos (6 km aprox). Saída puntual ás 16:00 horas do Concello.  Estas actividades gratuitas e abertas a homes e mulleres do concello. Non hai prazo de inscrición, simplemente a vosa presencia ese día.

Reciclaxe de aceite vexetal

Imagen
  "Recicla e aceitarás" é o lema da campaña de recollida de aceite vexetal domiciliario da Deputación de Ourense. Instalouse un contedor nas inmediacións do centro de saúde de Esgos. Para tirar o aceite no contedor hai que metelo previamente en botellas de  plástico cerradas de ata 2 litros, que logo se depositan dentro.

Decoración de samain

Imagen
 Xa temos a decoración de samaín preparada para mañá. Agardámosvos!!

Samaín

Imagen
O martes 31 de outubro celebraremos o samaín en Esgos. Cos nenos e nenas disfrazados visitaremos aos maiores da residencia e as distintas casas dos veciños que colaboran. O punto de saída será a praza da Souteira ás 18:00 horas. Para participar é imprescindible inscribirse no concello ou na biblioteca antes do venres 27.

Magosto do concello

Imagen
O domingo 5 de novembro celebraremos o magosto na praza da Souteira, en Esgos ás 13:30 horas. Haberá: empanada, churrasco, chourizos, pan, viño, refrescos, castañas e bica. E actuará a charanga Os Caliqueños Para poder asistir deberán retirarse as entradas nos bares e tendas, nas asociacións de veciños e nas oficinas do Concello a un prezo de 7 euros.

Dia de la biblioteca

Imagen
El Observatorio de la Lectura y el Libro para celebrar el dia de la biblioteca lanza en las redes sociales la campaña 'Estoy en la Biblio', puede seguirse en Twitter e Instagram con el hashtag #EstoyenlaBiblio. Se trata de enviar mensajes a la cuenta en Twitter o Instagram (@observalibro) con la etiqueta #EstoyenlaBiblio con fotografías de la biblioteca. Las imágenes pueden ser en el exterior o dentro del edificio, observando las estanterías, tomando en préstamo algún libro u otro material, compartiendo alguna lectura en una biblioteca escolar, en alguna actividad chula, consultando la web de la biblioteca o los fondos de una biblioteca digital… Además de la foto hay que indicar el nombre y la localidad de la biblioteca. Entre todas las fotos recibidas, el Observatorio elegirá las 10 que más le gusten y entre ellas se hará un sorteo del que saldrán los 3 ganadores, que se llevarán un lote de libros cada uno. La campaña estará activa desde el 17 de octubre hasta el día 24, Día d...

Filipa cos contos

Imagen
Onte pasámolo moi ben con "Filipa cos contos" do programa Ler conta moito.