Entradas

Curso de gaita e percusión

O vindeiro sábado 7 de outubro comeza o novo curso 2017/2018 de gaita e percusión. As clases, que están dirixidas a nenos e adultos, impartiranse os sábados ás 15:30 horas en Esgos. Máis información e novas inscricións no Concello ou Biblioteca.

Xuventur 2017

Que é Xuventur? Trátase dun programa de actividades de educación non formal para desenvolver en establecementos rurais galegos, en estancias de fin de semana, que sirva tanto para a adquisición de competencias e habilidades por parte da mocidade como para fomentar o coñecemento da riqueza natural, o coidado do ambiente, o goce da paisaxe e o contacto coa natureza entre a mocidade. Ofrécense distintas alternativas de participación no mes de outubro. Quen pode participar? Mozos e mozas que teñan entre 18 e 30 anos no momento da solicitude e queira gozar dun programa de actividades de educación non formal nos espazos naturais de Galicia. Obxectivos do programa • Mellorar as competencias e habilidades da xuventude a través da educación non formal. • Facilitar que as mozas e mozos galegos participantes coñezan a xeografía e patrimonio natural, cultural e etnográfico de Galicia, promovendo o seu respecto. • Proporcionar á xente nova a oportunidade de vivir a experiencia do turismo rural de G...

Novo horario da biblioteca

A partir de hoxe a biblioteca volta ao horario de tarde, de 17:30 a 20:30 horas. Agardámosvos a todos!

Peche da piscina municipal

O domingo 10 de setembro será o último día de apertura das piscinas municipais e o luns 11 a biblioteca volverá a estar aberta en horario de tarde, de 17:30 a 20:30 horas.

Campaña de compostaxe doméstico

Imagen
Nova campaña de COMPOSTAXE DOMÉSTICO REQUISITOS:  Non ter participado en campañas anteriores.  Ter a primeira residencia no concello de Esgos  Dispor dun espazo mínimo de 50 a 200m2  Asistir a unha xornada de formación. INSCRICIÓN: nas oficinas municipais antes do 4 de setembro AOS PARTICIPANTES NA CAMPAÑA CEDERÁSELLES GRATUITAMENTE UN COMPOSTEIRO

O campemento sae en Telemiño

Imagen
A xornada de reciclaxe do campamento de Esgos foi protagonista do programa "No verán a xogar" de Telemiño. Pódese ver o video completo no seguinte enlace: http://www.teleminho.com/video/no-veran-a-xogar/no-veran-xogar-26-08-17/20170828174500025570.html

Campeonato Provincial Ajedrez Activo Copa Diputación Esgos 2017

Imagen
El sábado 26 de agosto a las 17:00 horas se celebrará en Esgos el Campeonato Provincial Ajedrez Activo - Copa Diputación. Inscripciones en el correo electrónico benchoshey@hotmail.com o en el whatsapp 657645380 antes del 25 de agosto a las 20:00 horas.