Entradas

Campamento da Ourensanía

Imagen
Campamento da Ourensanía no Complexo do Corgo en Concello de Muíños con Sustinea. 1ª quenda: do 1ao 7 de agosto ( nenos/as do ano: 2002-03-04-05) 2ª quenda: do 8 de agosto ó 14 de agosto ( nenos/as do ano: 2006-07-08) Toda a información pode consultarse en: http://www.depourense.es/images/Eventos/campamento/Bases-Campamento-2017.pdf

XIX Feira Agroambiental de O Pinto

Imagen
O sábado 5 de agosto celebrarase a XIX edición da Feira Agro Ambiental de O Pinto. Como é costume, os asistentes poderán desfrutar da degustación de callos.

Doar sangue

Imagen
O Centro de Transfusión de Galicia desprazará unha unidade móbil ata Esgos para que os que así o desexen poidan doar sangue. Data: Xoves, 27 de xullo Horario: De 10:30 a 12:00 horas Lugar: Ao carón do centro de saúde de Esgos

Admitidos no campamento de verán

Todas as solicitudes para o campamento de verán 2017 foron aceptadas nas quincenas solicitadas. Prazas vacantes: Quedan algunhas prazas libres nas quincenas do 3 ao 14 xullo, do 17 ao 28 de xullo e do 14 ao 25 de agosto, que poderán ser solicitadas polos nenos/as que o desexen. (Darase prioridade aos nenos/as empadroados neste concello). Pagamento: Entre o 27 e o 30 de xuño ábrese un periodo de pagamento no que os admitidos deberán proceder ao pago na conta bancaria municipal. Deberán retirar na biblioteca a carta de pago cos datos do neno/a e o importe a pagar que deberán entregar xunto co xustificante de pagamento nas oficinas municipais Será motivo de exclusión non realizar o pagamento das cotas establecidas nos prazos sinalados. Non se devolverá o importe pagado en ningún caso.

Horario de verán

Cambiamos o horario de biblioteca ao horario de verán, a partir do luns, teremos aberto de 11 a 14 horas. Agardámosvos!!

Apertura das piscinas

Imagen
As piscinas municipais abrirán o sábado 17 de xuño en horario de 12:00 h a 21:00 h. Os bonos, coma sempre, pódense retirar nas oficinas municipais.

Campamento de verán 2017

Imagen
DESTINATARIOS Nenos e nenas que cursen estudos en centros de educación infantil e primaria, nados entre o 2005 e o 2013 empadroados neste concello ou que residan no mesmo durante o verán. MODALIDADES  - Campamento de verán - Servizo de madrugadores, dirixido exclusivamente ás familias traballadoras empadroadas neste concello. HORARIO  - Campamento de verán: de 10:30 a 13:30 h -Servizo de madrugadores: de9:00 a 10:30h DATAS:  - Quincena do 3 ao 14 de xullo - Quincena do 17 ao 28 de xullo - Quincena do 31 de xullo ao 11 de agosto - Quincena do 14 ao 25 de agosto Os solicitantes deberán escoller entre as catro quincenas propostas. Os empadroados poderán elixir 3 quincenas e os non empadroados 2 quincenas. Concederánse máis de dúas quincenas sempre que haxa dispoñibilidade. PRAZO DE SOLICITUDE Entre o 14 e o 23 de xuño de 2017 Os solicitantes terán que cubrir a folla de solicitude que se facilitará nas oficinas municipais e entregala no Rexistro Xeral do Concello. As admisión...