Entradas

XI subida Rocas - O Eirado

Imagen
O domingo 11 de xuño temos unha cita en Esgos co deporte: podes apuntarte a andaina de 20 km ou á carreira de 13 km. Toda a información pode consultarse en www.subidarocasoeirado.com

Dia das letras galegas

O Dia das Letras Galegas adícase este año ao ourensán Carlos Casares. Para celebralo poderemos asistir ao contacontos "Filipa cos contos" , pero deixarémolo para o 9 de outubro, por motivos de axenda. Na biblioteca podedes atopar estes libros de Carlos Casares: A vida de Anxel Fole Hemingway en Galicia Os escuros soños de Clio Buciños

Excursión a Puebla de Sanabria

Imagen
O sábado 27 de maio iremos de excursión a Puebla de Sanabria. Visitaremos o manantial de Cabreiroá (Verín), o lago de Sanabria e Puebla de Sanabria. A reserva de prazas farase por riguroso orde de inscrición nas oficinas municipais, con preferencia para os veciños empadroados neste Concello. Os prezos, que inclúen transporte, comida e visitas son: 20€ para as persoas empadroadas e 25 € para os non empadroados.

Xa están listos os "marcalibros"

Imagen
Para celebrar o dia do libro este ano, pensamos que sería boa idea facer algo para manter a orde na biblioteca. Así que ocurriusenos facer con cartón pluma uns "marcalibros". A idea consiste en que cando collamos un libro para leelo o velo na biblioteca, deixemos no seu lugar o "marcalibros" e así xa sabemos onde temos que volver a colocalo. Eiquí podedes ver algunhos dos "marcalibros" que estivemos coloreando: E como os usamos nas estanterías:

Marcalibros para celebrar o dia do libro

Imagen
O luns 24 de abril celebraremos o dia do libro facendo unha manualidade baixo o lema “na biblioteca un libro descolocado é un libro perdido”. Todos os libros da biblioteca están catalogados, é dicir, están rexistrados e ordenados. Cando se fai uso deles deben colocarse no seu lugar, así que para manter a orde, imos facer os nosos propios marcalibros. Si, si,  marcalibros, para que cada vez que collamos un libro da estantería saibamos onde o temos que volver a colocar. IMPORTANTE: Para participar nesta actividade é impresincible inscribirse na biblioteca antes do venres 21 de abril.

Campaña de verán

Imagen
Xa está en marcha a "Campaña de Verán" da Xunta de Galicia dirixida a nenos/as e mozos/as a través de: campamentos para menores de 18 anos, actividades para maiores de 18 anos, campamentos noutras comunidades autónomas, campos de traballo... Toda a información está dispoñible en:  http://xuventude.xunta.es/accion-de-veran

Carpa informativa sobre a reciclaxe

Imagen
A campaña "Oportunidades para reciclar" de Sogama instalará en Esgos unha carpa informativa sobre a reciclaxe. Data: luns 17 de abril Lugar: Praza da Souteira  Horario: 10:30 – 13:30 h  Esta campaña busca fomentar na cidadanía as boas prácticas no tratamento dos residuos como oportunidade para acadar os beneficios ambientais e económicos derivados da correcta separación e reciclaxe.