Entradas

Xa están listos os "marcalibros"

Imagen
Para celebrar o dia do libro este ano, pensamos que sería boa idea facer algo para manter a orde na biblioteca. Así que ocurriusenos facer con cartón pluma uns "marcalibros". A idea consiste en que cando collamos un libro para leelo o velo na biblioteca, deixemos no seu lugar o "marcalibros" e así xa sabemos onde temos que volver a colocalo. Eiquí podedes ver algunhos dos "marcalibros" que estivemos coloreando: E como os usamos nas estanterías:

Marcalibros para celebrar o dia do libro

Imagen
O luns 24 de abril celebraremos o dia do libro facendo unha manualidade baixo o lema “na biblioteca un libro descolocado é un libro perdido”. Todos os libros da biblioteca están catalogados, é dicir, están rexistrados e ordenados. Cando se fai uso deles deben colocarse no seu lugar, así que para manter a orde, imos facer os nosos propios marcalibros. Si, si,  marcalibros, para que cada vez que collamos un libro da estantería saibamos onde o temos que volver a colocar. IMPORTANTE: Para participar nesta actividade é impresincible inscribirse na biblioteca antes do venres 21 de abril.

Campaña de verán

Imagen
Xa está en marcha a "Campaña de Verán" da Xunta de Galicia dirixida a nenos/as e mozos/as a través de: campamentos para menores de 18 anos, actividades para maiores de 18 anos, campamentos noutras comunidades autónomas, campos de traballo... Toda a información está dispoñible en:  http://xuventude.xunta.es/accion-de-veran

Carpa informativa sobre a reciclaxe

Imagen
A campaña "Oportunidades para reciclar" de Sogama instalará en Esgos unha carpa informativa sobre a reciclaxe. Data: luns 17 de abril Lugar: Praza da Souteira  Horario: 10:30 – 13:30 h  Esta campaña busca fomentar na cidadanía as boas prácticas no tratamento dos residuos como oportunidade para acadar os beneficios ambientais e económicos derivados da correcta separación e reciclaxe.

Contos sobre os alimentos

Imagen
Hoxe celebramos o dia Internacional  do libro infantil e xuvenil na biblioteca de Esgos da man de Galeteatro cos contos "Comechíns, segundo prato". A pesar das altas temperaturas, casi 30 nenos e nenas se achegaron á biblioteca. Esta actividade forma parte do programa de animación á lectura Ler Conta Moito

Cea de mulleres

Imagen
A Asociación de Mulleres Rurais de Esgos “ Os Picotiños”  organiza unha cea co fin de festexar o día da Muller. DATA: sábado 22 de abril HORA: Ás  21:30 horas. LOCAL: Restaurante Os Caracoles PREZO: Socias 20 € e non socias 25 € (Para ser consideradas socias debe estarse ó corrente do pago da cuota do 2017) Anótate antes do 14 de abril , chamando ó teléfono do Concello (988 29 00 00 preguntar por Angeles) ou falando con Noemí ou Chus.

Concurso "Andersen Hoxe"

Imagen
Con ocasión do Día Internacional do Libro Infantil, a OEPLI e as súas seccións -Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (GÁLIX), Consejo General del Libro Infantil y Juvenil, Consell Català del Llibre Infantil i Juvenil (ClijCAT) e Galtzagorri Elkartea-, co patrocinio de Educación, Cultura e Deporte convoca o concurso "Andersen hoxe" O concurso está dirixido a lectores e lectoras que estean a cursar primaria ou o primeiro ciclo de secundaria, que deberán debuxar unha das personaxes que aparecen nos contos de Andersen, tal e como a imaxinaría Andersen se escribira o conto na actualidade. Cada biblioteca poderá enviar só tres traballos por categoría e entregalos antes do día 2 de abril, así que os nenos e nenas que queiran participar deberán solicitar na biblioteca a plantilla na que deberán debuxar.