Entradas

Cea de mulleres

Imagen
A Asociación de Mulleres Rurais de Esgos “ Os Picotiños”  organiza unha cea co fin de festexar o día da Muller. DATA: sábado 22 de abril HORA: Ás  21:30 horas. LOCAL: Restaurante Os Caracoles PREZO: Socias 20 € e non socias 25 € (Para ser consideradas socias debe estarse ó corrente do pago da cuota do 2017) Anótate antes do 14 de abril , chamando ó teléfono do Concello (988 29 00 00 preguntar por Angeles) ou falando con Noemí ou Chus.

Concurso "Andersen Hoxe"

Imagen
Con ocasión do Día Internacional do Libro Infantil, a OEPLI e as súas seccións -Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (GÁLIX), Consejo General del Libro Infantil y Juvenil, Consell Català del Llibre Infantil i Juvenil (ClijCAT) e Galtzagorri Elkartea-, co patrocinio de Educación, Cultura e Deporte convoca o concurso "Andersen hoxe" O concurso está dirixido a lectores e lectoras que estean a cursar primaria ou o primeiro ciclo de secundaria, que deberán debuxar unha das personaxes que aparecen nos contos de Andersen, tal e como a imaxinaría Andersen se escribira o conto na actualidade. Cada biblioteca poderá enviar só tres traballos por categoría e entregalos antes do día 2 de abril, así que os nenos e nenas que queiran participar deberán solicitar na biblioteca a plantilla na que deberán debuxar.

Contacontos: Comechíns, segundo prato.

Imagen
Para celebrar o Dia Intenacional do Libro Infantil, o luns 3 de abril ás 18:30 horas poderemos desfrutar dunha tarde de contacontos na biblioteca, "Comechíns, segundo prato" mergullaranos nun mundo imaxinario no que descubriremos como a lectura pode abrir o apetito, e sobre todo, que cousas convén comer para saciar ese apetito. Este contacontos está enmarcado no programa de animación á lectura Ler conta moito, da Secretaría Xeral de Cultura.

Cea do dia da muller

Imagen
A Asociación de Mulleres Rurais de Esgos “ Os Picotiños”  organiza unha cea co fin de festexar o día da Muller. DATA: sábado 18 de marzo HORA: Ás  21:30 horas. LOCAL: Restaurante Alto do Couso PREZO: Socias 15 € e non socias 20 € (Para ser consideradas socias debe estarse ó corrente do pago da cuota do 2017) Anótate antes do 14 de Marzo , chamando ó teléfono do Concello (988 29 00 00 preguntar por Angeles), na perruquería Lúa Chea ou falando con Noemí ou Chus. IMPORTANTE!!! Esta actividade mudou de data!!!

Taller de memoria

Imagen
O 9 de marzo comezará unha nova edición do taller de memoria, que se impartirá no local social de O Pinto os xoves ás 18:00 horas. Esta actividade é gratuita e está dirixida a todos os veciños e veciñas, sen límite de idade.

Entroido 2017

Imagen
PERCORRIDO FELOS E MADAMAS:  Domingo 26 de febreiro SAÍDA DE ESGOS ÁS 9:30 h 09:40h -  TARREIRIGO 10:15h -  VILAR 11:00h -  LOBACES 11:40h -  GOMARIZ 12:10h -  LOÑA DO MONTE 12:40h -  CERNADA 13:10h -  QUINTA DO MONTE 13:40h -  MELON ALTO 14:10h -  MELON BAIXO 14:40h -  MEIROÁS 15:10h -  TOUZA 15:40h -  FONDODEVILA - CASANOVA 16:00h -  PARDECONDE 16:30h -  PARADELA 17.00h -  ALTO DO COUSO 17:30h -  ESGOS (desfile e concurso na praza da Souteira) 19:00h – Residencia de maiores de Esgos NOTA: Os horarios de chegada a cada pobo son aproximados, dependendo do tempo e do retraso que poida haber dende a saída. DESFILE E CONCURSO:  Domingo 26 de febreiro ás 17:30 h na praza da Souteira, Esgos. Premios Individuais: 1º individual: 40 €  2º individual: 20 €  1º individual Infantil: 40 €  2º individual Infantil: 20 €  Grupos reducidos 1º premio: 60 €  2º premio: 40 € 3º premio: 20 € P...

Festival Pórtico do Paraíso

Imagen
O Festival "Pórtico do Paraíso" volve ó mosteiro de San Pedro de Rocas. Os veciños e veciñas de Esgos que quieran asistir ao concerto de Brigitte Lesne, en San Pedro de Rocas poderán reservar a súa entrada nas oficinas municipais. Data: Sábado 11 de marzo. Horarios: 17:00, 18:00 y 19:00 horas