Entradas

Entroido 2017

Imagen
PERCORRIDO FELOS E MADAMAS:  Domingo 26 de febreiro SAÍDA DE ESGOS ÁS 9:30 h 09:40h -  TARREIRIGO 10:15h -  VILAR 11:00h -  LOBACES 11:40h -  GOMARIZ 12:10h -  LOÑA DO MONTE 12:40h -  CERNADA 13:10h -  QUINTA DO MONTE 13:40h -  MELON ALTO 14:10h -  MELON BAIXO 14:40h -  MEIROÁS 15:10h -  TOUZA 15:40h -  FONDODEVILA - CASANOVA 16:00h -  PARDECONDE 16:30h -  PARADELA 17.00h -  ALTO DO COUSO 17:30h -  ESGOS (desfile e concurso na praza da Souteira) 19:00h – Residencia de maiores de Esgos NOTA: Os horarios de chegada a cada pobo son aproximados, dependendo do tempo e do retraso que poida haber dende a saída. DESFILE E CONCURSO:  Domingo 26 de febreiro ás 17:30 h na praza da Souteira, Esgos. Premios Individuais: 1º individual: 40 €  2º individual: 20 €  1º individual Infantil: 40 €  2º individual Infantil: 20 €  Grupos reducidos 1º premio: 60 €  2º premio: 40 € 3º premio: 20 € P...

Festival Pórtico do Paraíso

Imagen
O Festival "Pórtico do Paraíso" volve ó mosteiro de San Pedro de Rocas. Os veciños e veciñas de Esgos que quieran asistir ao concerto de Brigitte Lesne, en San Pedro de Rocas poderán reservar a súa entrada nas oficinas municipais. Data: Sábado 11 de marzo. Horarios: 17:00, 18:00 y 19:00 horas

Curso de monitor de tempo libre

Imagen
Impartirase no albergue de Esgos un curso homologado pola Xunta de Galicia de Monitor de tempo libre. Duración: 200 horas, en fins de semana e semana santa.  Prezo: 195€ empadroados en Esgos, desempregados e carné xove. O resto, 215€. Posibilidade de pagamento fraccionado. Inscricións: no concello de Esgos ou en www.escolaruraldetempolibre.org

Termalismo Social 2017

Dende o pasado 1 de xaneiro xa se poden enviar as solicitudes para o programa "Termalismo Social 2017" da Deputación de Ourense. "Termalismo Social 2017" contará con outro balneario (o balneario de Partovia) e diferentes programas: PROGRAMA ESTANCIAS Solicitante:  maior de 50 anos. Acompañante: maior de 18 anos Programa de estancias de 6 dias ou 13 dias, con pensión completa, 10 ou 20 tratamentos termais e acceso ilimitado ás piscinas de auga mineromedicinal. PROGRAMA ESTANCIAS RENFE Programa de estancias de 6 dIas con pensión completa,10 tratamentos termais, acceso ilimitado ás piscinas de auga mineromedicinal e o desprazamento en tren ata Ourense dende 40 cidades de toda España e o traslado ao Balneario incluido. PROGRAMA TERAPEUTICO Solicitante: maior de 50 anos. Programas terapéuticos de 20 ou 35 tratamentos termais durante un máximo de 15 dias sen aloxamento personalizados para diferentes patoloxías PROGRAMA CULTURA TERMAL Solicitante:  Maior de 18 años Program...

Escola deportiva de xadrez

O xoves 12 de xaneiro comezará de novo en Esgos o curso de xadrez dirixido a nenos e nenas de entre 6 e 14 anos. Aínda estás a tempo de apuntarte!!

Horario Nadal

Dende o venres 23 de decembro ata o 8 de xaneiro a biblioteca estará pechada polas tardes e abrirá polas mañás, de 11 a 13 horas. Bo Nadal!

PROGRAMA “ESQUIOU 2017"

A Deputación de Ourense promove un ano máis, en colaboración coa estación Oca Nova Manzaneda, o programa “Esquiou 2017”  que pretende achegar o esquí aos nenos e nenas da provincia de Ourense. Participantes: nenos e nenas nacidos na proviencia de Ourense entre 1 de xaneiro 2005 e o 31 de decembro de 2008 Actividades: “Esquiou” ofrece un completo programa de actividades nas instalacións da estación, incluíndo aloxamento, pensión alimenticia, curso de esquí e outras actividades complementarias Duración: dúas noites e tres días de luns a mércores.  Inscricións:  dende hoxe ata o 15 de xaneiro de 2017 a través do correo electrónico esquiou@depourense.es.  Custe: Cada participantes deberá aboar unha cantidade de 29 euros. Unha vez realizada a preinscrición realizaranse os grupos por quendas, sendo o método de selección dos participantes por orde de inscrición. Máis información en  http://deportes.depourense.es/aberto-o-prazo-de-inscricion-do-programa-esquiou-201...