Entradas

XVIII Feira de O Pinto

Imagen
O sábado 6 de agosto celebrarase a XVIII edición da Feira Agro Ambiental de O Pinto. Como é costume, os asistentes poderán desfrutar da degustación de callos.

Doar sangue

Imagen
O Centro de Transfusión de Galicia desprazará unha unidade móbil ata Esgos para que os que así o desexen poidan doar sangue. Data: Xoves, 28 de xullo Horario: De 12:30 a 14:00 horas Lugar: Ao carón do centro de saúde de Esgos

Ponlle as pilas ao teu bocata

Imagen
Os nenos e nenas de entre 3 e 14 anos poderán participar en Esgos na campaña "Ponlle as pilas ao teu bocata" da Consellería do Mar. "Ponlle as pilas ao teu bocata" é un obradoiro lúdico que contempla actividades informativas, xogos e sobre todo, unha actividade de elaboración de bocatas a base de conservas. Data: mércores 3 de agosto Hora: 10:30 horas Lugar: Praza da Souteira, Esgos Para poder participar é imprescindible anotarse no concello ou na biblioteca antes do 29 de xullo.

Comeza o campamento de verán

Imagen
Esta semana comezamos o campamento de verán, un servizo dirixido a nenos/as durante o verán co obxectivo de facilitar a conciliación da vida familiar e laboral. Participan 30 nenos/as distribuidos por quincenas durante os meses de xullo e agosto

Clausura do curso de xadrez

Imagen
Onte clausurouse o curso de xadrez que puxo en marcha a Deputación de Ourense en Esgos. Os nenos e nenas participantes  recibiron un diploma e un trofeo pola sua participación.

Piscinas municipais

Imagen
As piscinas municipais abrirán o xoves 23 de xuño, en horario de 12:00 h a 21:00 h Como ben sendo costume o horario da biblioteca cambiará coa apertura das piscinas, así que a biblioteca durante o verán estará aberta de 11:00 a 14:00 horas a partir do luns 27 de xuño.

Contos con Miró

Imagen
O pasado venres puidemos desfrutar na biblioteca do obradoiro "Contos con Miró" dentro do programa de animación á lectura "Ler conta moito" Despois de escoitar un conto, identificamos as personaxes, as paisaxes, etc para elaborar con todo elo un mural basado no surrealismo. E este foi o resultado: