Entradas

Emociones, inteligencia emocional y salud

Imagen
Os servizos sociais do Concello de Esgos organizan unha charla moi interesante, para todos os públicos sobre as emocións, a intelixencia emocional e a saúde, que correrá a cargo da psicóloga María Isabel Torres López. Data: xoves 2 de xuño Horario: 18:30 horas Lugar: Centro cultural Parada Justel 

Letras Galegas

Mañá celébrase o Dia das Letras Galegas e dende a biblioteca queremos recomendarvos algunhos libros de Manuel María , autor ó que se homenaxea este ano. Nas nosas estanterías podedes encontrar: Os soños na gaiola; A tribo ten catro rios; Terra Cha; e Antoloxía Poética. Pero, na nosa biblioteca, ademais de libros tamén temos Wifi, e como o 17 de maio tamén se celebra o Dia de Internet,  animámosvos a reflexionar sobre o que supuxo e supón a chegada de internet á nosa vida cotiá.

X Subida Rocas - O Eirado

Imagen
O domingo 12 de xuño celebrarase en Esgos a carreira de montaña "Subida Rocas - O Eirado" de 13 km e a X andaina popular do Concello de Esgos, cun percorrido de 20 km.  Toda a información sobre estas probas deportivas publícase en www.subidarocasoeirado.com e en https://www.facebook.com/subidapopularRocasOEirado/

Excursión ao Cebreiro

Imagen
O sábado 28 de maio iremos de excursión ao Cebreiro (Lugo). Sairemos de Esgos ás 8:30 horas para visitar a adega Regina Viarum (Sober) e despois dirixirnos a Balboa (León) onde comeremos na Palloza de Balboa. Pola tarde visitaremos a aldea do Cebreiro. A reserva de prazas farase por riguroso orde de inscrición nas oficinas municipais, con preferencia para os veciños/as empadroados neste concello. Prazas limitadas Prezos: 20 €/persoa empadroada e 25 €/persona non empadroada

Campamentos de verán 2016

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, convoca hoxe a programación de actividades da Campaña de Verán 2016. Os Campamentos de Verán 2016 nos que poderán inscribirse os mozos e mozas que teñan entre 9 e 17 anos están publicados en http://xuventude.xunta.es/2016040818898/accion-de-veran-2016.html As solicitudes poderán tramitarse en https://sede.xunta.es  ata o 23 de abril de 2016 Sobre o prezo de cada campamento, os membros de familia que teñan o título de numerosa terán un desconto do 50% e os usuarios do Carné xove gozarán dun desconto do 25%

Mes do libro

Imagen
O 23 de abril celébrase o “Dia do libro” pero, na biblioteca, imos a celebrar o MES DO LIBRO con actividades para todos: Lectores de libros electrónicos (ebooks) ¿Queres probar un lector de libros electrónicos? Achégate ata a biblioteca e poderás usar o noso. Semana do 11 ao 15 de abril GaliciaLe ¿Sabías que por ser usuario da nosa biblitoeca podes acceder a través de www.galiciale.es a unha morea de libros electrónicos totalmente gratis? Pásate pola biblioteca e explicarémosche como facelo. Semana do 18 ao 22 de abril Manualidades O 25 e o 26 de abril faremos o noso propio marcapáxinas.

Curso básico de protección civil

¿Queres facer o curso básico de protección civil? A Academia Galega de Seguridade convoca tres edicións do curso básico para a provincia de Ourense.  O curso realizarase preferentemente en fins de semana e en horario de mañá e tarde. O lugar e data concreta de cada edición anunciarase con suficiente antelación. Máis información e inscripcións nas oficinas municipais e na biblioteca.