Entradas

Campamentos de verán 2016

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, convoca hoxe a programación de actividades da Campaña de Verán 2016. Os Campamentos de Verán 2016 nos que poderán inscribirse os mozos e mozas que teñan entre 9 e 17 anos están publicados en http://xuventude.xunta.es/2016040818898/accion-de-veran-2016.html As solicitudes poderán tramitarse en https://sede.xunta.es  ata o 23 de abril de 2016 Sobre o prezo de cada campamento, os membros de familia que teñan o título de numerosa terán un desconto do 50% e os usuarios do Carné xove gozarán dun desconto do 25%

Mes do libro

Imagen
O 23 de abril celébrase o “Dia do libro” pero, na biblioteca, imos a celebrar o MES DO LIBRO con actividades para todos: Lectores de libros electrónicos (ebooks) ¿Queres probar un lector de libros electrónicos? Achégate ata a biblioteca e poderás usar o noso. Semana do 11 ao 15 de abril GaliciaLe ¿Sabías que por ser usuario da nosa biblitoeca podes acceder a través de www.galiciale.es a unha morea de libros electrónicos totalmente gratis? Pásate pola biblioteca e explicarémosche como facelo. Semana do 18 ao 22 de abril Manualidades O 25 e o 26 de abril faremos o noso propio marcapáxinas.

Curso básico de protección civil

¿Queres facer o curso básico de protección civil? A Academia Galega de Seguridade convoca tres edicións do curso básico para a provincia de Ourense.  O curso realizarase preferentemente en fins de semana e en horario de mañá e tarde. O lugar e data concreta de cada edición anunciarase con suficiente antelación. Máis información e inscripcións nas oficinas municipais e na biblioteca.

Mes do puzzle

Imagen
Marzo é o mes do puzzle na biblioteca. Xa rematamos o primeiro, de 1000 pezas:     E agora comezamos o segundo:

Competencias clave

A Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral convoca probas de avaliación en competencias clave para acceder aos certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3 de cualificación, nas seguintes competencias clave: Comunicación en lingua galega. Comunicación en lingua castelá. Comunicación en lingua estranxeira (inglés). Competencia matemática. O prazo para inscribirse remata o 2 de abril . As probas dos dous niveis serán o sábado día 21 de maio de 2016 O lugar de realización das probas prevese que sexa na Fundación Semana Verde Silleda (Pontevedra). Toda a información está publicada en http://traballo.xunta.es/portada-competencias-clave  onde tamén podes atopar os exames das convocatorias anteriores.

Cea do Dia da Muller

Imagen
A Asociación de Mulleres Rurais de Esgos “ Os Picotiños”  organiza unha cea co fin de festexar o día  da Muller. DATA: sábado 2 de Abril  HORA: Ás  22:00 horas. LOCAL: Restaurante Alto do Couso PREZO: Socias 15 € e non socias 20 € (Para ser consideradas socias debe estarse ó corrente do pago da cuota do 2016) Anótate antes do 31 de Marzo , chamando ó teléfono do Concello: 988 29 00 00 (preguntar por Angeles), na biblioteca ou falando con Noemí ou Chus. Haberá  agasallo para tódalas asistentes ¡¡ XA SABES NON TE QUEDES PARADA E PARTICIPA !! FAITE SOCIA. ESPERÁMOSTE

Iniciativa Xove

Xa está en marcha a convocatoria 2016 do programa Iniciativa Xove,  da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado. Iniciativa Xove consiste nunha liña de axudas pensada para que os mozos e mozas, poidan desenvolver ideas que, transformadas en proxectos e iniciativas de interese, poidan reverter na mocidade actual e na nosa sociedade. Máis información en http://xuventude.xunta.es/iniciativa-xove.html