Entradas

Programación do Entroido 2016

Imagen
PERCORRIDO FELOS E MADAMAS:  Domingo 7 de febreiro SAÍDA DE ESGOS ÁS 9:30 h 09:40h -  TARREIRIGO 10:15h -  VILAR 11:00h -  LOBACES 11:40h -  GOMARIZ 12:10h -  LOÑA DO MONTE 12:40h -  CERNADA 13:10h -  QUINTA DO MONTE 13:40h -  MELON ALTO 14:10h -  MELON BAIXO 14:40h -  MEIROÁS 15:10h -  TOUZA 15:40h -  FONDODEVILA - CASANOVA 16:00h -  PARDECONDE 16:30h -  PARADELA 17.00h -  ALTO DO COUSO 17:30h -  ESGOS (desfile e concurso na praza da Souteira) 19:00h – Residencia de maiores de Esgos NOTA: Os horarios de chegada a cada pobo son aproximados, dependendo do tempo e do retraso que poida haber dende a saída. DESFILE E CONCURSO: Domingo 7 de febreiro ás 17:30 h na praza da Souteira, Esgos. Premios Individuais: 1º individual: 40 €  2º individual: 20 €  1º individual Infantil: 40 €  2º individual Infantil: 20 €  Grupos reducidos 1º premio: 60 €  2º premio: 40 € 3º premio: 20 € Premios ...

Escola de xadrez en Esgos

Imagen
A Deputación de Ourense pon en marcha en Esgos a Escola Deportiva de xadrez, dirixida a e nenos/as e mozos/as de entre 6 e 18 anos. Como é coñecido, o xadrez constitúe un medio idóneo para o desenvolvemento dunha serie de factores que interveñen directamente na formación dos máis xóvenes: cálculo mental, manexo e utilización de elementos xeométricos, concentración, imaxinación, creatividade, intuición, repeto, empatía, xustiza, paciencia, etc. De xaneiro a xuño, 1 día á semana cun custe de 9€/mes Máis información nas oficinas municipais ou na biblioteca. Teléfono 988290000

Diccionario galego en liña

Imagen
A Xunta de Galicia pon a disposición da cidadanía o acceso gratuíto ao dicionario en liña Digalego  http://digalego.xunta.gal/digalego/ O Digalego contén máis de 65.000 entradas, o que o converte nunha das ferramentas máis completas e actualizadas do mercado lexicográfico galego. Con esta iniciativa búscase promover o uso do galego entre todos os sectores profesionais, así como a aprendizaxe de outras linguas desde o idioma propio de Galicia e a difusión exterior do galego

Vacacións de Nadal

A biblioteca estará pechada dende o xoves 24 de decembro ata o dia de Reis. O xoves 7 de xaneiro voltaremos a abrir no horario habitual, de 17:30 a 20:30 horas. Boas festas a todos!!!

Actividades de Nadal

Imagen
O Concello de Esgos organiza diferentes actividades para este Nadal: Actuación musical de "Os do fuelle" na residencia de maiores de Esgos o 22 de decembro. Actuación da coral Camerata Auriense  o domingo 27 durante a misa de 11 horas en Vilar de Ordelles Concerto de Nadal: Actuación da banda de gaitas e a escola de gaita no centro Cultural Parada Justel o domingo 27 ás 17:00 horas. XVI Concurso de postais para menores de 12 anos: Valorarase a orixinalidade e poderase empregar todo tipo de materiais. As postais deberán entregarse nas oficinas municipais antes do 30 de decembro. Non se recollerá ninguna postal despois desta data. Todos os participantes terán un agasallo. Pazolandia,  evento infantil que convirte durante o Nadal o Pazo dos Deportes "Paco Paz" no maior parque de atraccións  de Galicia. Os que queiran asistir o luns 4 pola mañá deberán anotarse no concello antes do 29 de decembro. Esta actividade é gratuita para os nenos empadronados e ten un custe de ...

Día Internacional para a Eliminación da Violencia de Xénero

Imagen
Hoxe, 25 de novembro, celébrase en todo o mundo o Día Internacional para a Eliminación da Violencia de Xénero. Todas e todos debemos loitar para que sobre os maltratadores caia todo o peso da lei, a xustiza e o rexeitamento social, pois actos dese tipo non poden ter cabida nunha sociedade democrática. Podes ver o vídeo da campaña "se hai saída é grazas a ti" en: https://www.youtube.com/watch?v=ZhezzlrFMR0 . Recorda que na biblioteca temos varios libros sobre como educar en igualdade e que esta semana traballeremos cos máis pequenos a igualdade de homes e mulleres, este ano a través dos xoguetes. Ainda que os xoguetes actuales fomentan máis a igualdade, seguimos comprobando como en moitos anuncios e campañas publicitarias se da un tratamiento sexista. Tamén che propomos apoiar o dia internacional contra a violencia de xénero facendo un curso online gratuito con titulación do instituto da muller en  http://escuelavirtualigualdad.es/como-inscribirse.php

Celebramos o samaín

Imagen
Hoxe celebramos o samaín en Esgos. 39 nenos e nenas acompañados dos maiores visitaron a residencia de maiores e as casas dos veciños pedindo caramelos. Despois de tanto paseo, para rematar, tomamos chocolate no centro social, que estaba decorado para a ocasión.