Entradas

Contos ao revés

Imagen
Hoxe na biblioteca puidemos desfrutar dos "Contos ao revés" de Xanela Ocio, dentro do programa Ler conta moito. Asistiron 22 nenos e nenas e 16 adultos que escoitaron como os heroes tamén poden ser mulleres e como os lobos poden ser bos.

Curso de gaita, percusión e pandereta.

Imagen
O vindeiro sábado 10 de outubro comeza unha nova edición do "Curso de gaita, percusión e pandereta". As clases, que están dirixidas a nenos e adultos, se impartirán os sábados ás 15:30 horas no local de O Pinto. Máis información nas oficinas do concello.

Educamóbil

Imagen
O vehículo EDUCAMOBIL estará este mes en Esgos para que os nenos de entre 4 e 11 anos podan disfrutar dun intre de xogos informáticos e de lecer. Lugar: Praza da Souteira, Esgos Dia: Venres 2 de outubro Hora: De 16:30 a 20:00 horas Este servizo é gratuito. Máis información nos servizos sociais do concello.

Contacontos "contos ao revés"

Imagen
O xoves 17 de setembro ás 18:00 horas poderemos desfrutar dunha tarde de contacontos, enmarcado no programa de animación á lectura Ler conta moito, da Secretaría Xeral de Cultura. Contos ao revés, de Xanela Ocio é un espectáculo que fomenta a igualdade e o respecto, cheo de historias onde as bruxas son boas e os príncipes feos... AVISO: ESTE CONTACONTOS CAMBIASE PARA O MÉRCORES 30 DE SETEMBRO ÁS 18:30 HORAS.

Cambio de horario

A partir do luns 7 de setembro a biblioteca estará aberta en horario de tarde, de 17:30 a 20:30 horas. Agardámosvos!!

Fin do campamento de verán

Imagen
Rematou o campamento de verán! Máis de 50 nenos e neas se beneficiaron deste servizo que ofrece unha maneira entretida de pasar as mañás do verán. Ademais de diferentes xogos, bailes, manualidades, etc, visitamos o Mosteiro de San Pedro de Rocas, participamos na campaña "Separemos ben, reciclaremos mellor" de Sogama, asistimos a clases de cociña, visitamos ós maiores que viven na residencia de Esgos, paseamos pola senda do río Grañal e aprendemos nocións básicas sobre a pesca, subimos ás motos da Guardia Civil de Tráfico e aprendemos sobre educación vial, visistamos a Alfarería Alto do Couso, asistimos a unha clase sobre hixiene dental, representamos unha obra de teatro de despedimos o verán cunha festa.

Doar sangue

Imagen
O Centro de Transfusión de Galicia desprazará unha unidade móbil ata Esgos para que os que así o desexen poidan doar sangue. Data: Xoves, 13 de agosto Horario: De 12:30 a 14:00 horas Lugar: Ao carón do centro de saúde de Esgos