Entradas

Educamóbil

Imagen
O vehículo Educamóbil estará situado na praza da Souteira, en Esgos o venres 8 de maio pola tarde, de 16:30 a 20:00 horas para que os nenos e nenas poidan desfrutar dun intre de xogos informáticos e de lecer.

Banco de Contidos de AulaPlaneta

Imagen
A partir de hoxe luns 20 de abril, os lectores da biblioteca poderán acceder ao “Banco de Contidos” de AulaPlaneta. Este recurso electrónico é o maior banco de contidos dixitais en lingua española e diríxese tanto ao público adulto como ao infantil e xuvenil. Conta con innumerables materiais de consulta de todas as áreas do coñecemento e cunha ampla oferta audiovisual (galería multimedia con fotos, vídeos, interactivos, audios…) que fai del un contorno educativo adaptado ás necesidades actuais do alumnado. Os usuarios da biblioteca poden acceder a este recurso a través da web http://www.opacmeiga.rbgalicia.org/Biblioteca.aspx?CodigoBiblioteca=OBM021 (sección "Recursos web" e, dentro dista, "Recursos electrónicos") identificándose co seu código de usuario (é dicir, o número de carné da biblioteca) e o seu contrasinal. Ademais de ao "Banco de Contidos" tamén se pode acceder actualmente aos seguintes recursos: E-Junior.net: enciclopedia electrónica dirixida...

Fotos das camisetas

Imagen
Hoxe estivemos customizando a nosa roupa da man da Asociación Xarela. Os máis pequenos colleron os pinceis e este foi o resultado:

Aprende a decorar a tua roupa

Imagen
O venres 17 de Abril de 17:30 a 19:30 horas na Biblioteca Municipal de Esgos os nenos e neas e os seus pais e nais aprenderán a decorar a sua roupa pintando debuxos orixinais. Trae a prenda que queiras decorar, que non sexa elástica e o resto do material xa o poñemos nós. Esta é unha actividade do programa  Abril, mes do libro.  que se está a levar a cabo na biblioteca.

Abril: Mes do libro

Imagen
O 23 de abril celébrase o “Dia do libro” pero este ano, na biblioteca, vamos a celebrar o MES DO LIBRO con actividades para todos: Lectores de libros electrónicos (ebooks) ¿Queres probar un lector de libros electrónicos? Achégate ata a biblioteca e poderás usar o noso. Semana do 6 ao 10 de abril GALICIALE ¿Sabías que por ser usuario da nosa biblitoeca podes acceder a través de  www.galiciale.es  a unha morea de libros electrónicos totalmente gratis? Pásate pola biblioteca e explicarémosche como facelo. Semana do 13 ao 17 de abril Personalización de camisetas O venres 17 de abril ás 17:30 horas personalizaremos a tua roupa. Trae a prenda que queiras, que non sexa elástica e o resto do material xa o poñemos nós. Manualidades O 23 e o 24 de abril os nenos e nenas farán e escribirán o seu propio libro.

Fin do curso de informática

Imagen
Hoxe rematamos os clases de informática para maiores que se viñan impartindo desde finais do mes de xaneiro os luns e os mércores pola tarde. E para celebralo tomamos tarta, ainda que non estabamos todos!! As nenas que andaban enredando fóra, tampouco quixeron perder a celebración e por suposto, a tarta. Gracias a todos por asistir a este curso, no que espero, que aprendérades moito!!

Fotos de "Os Bolechas"

Imagen
Os Bolechas estiveron hoxe co seu autobús no mosteiro de San Pedro de Rocas para presentar "Os Bolechas van a Ourense", a nova proposta infantil da Deputacion de Ourense para dar a coñecer ás nenas e nenos da provincia a riqueza da súa terra. Os nenos e nenas que asistiron puideron desfrutar dos videos, cantigas e demais actividades que inclúen esta campaña, e recibiron como agasallo un exemplar de "Os Bolechas van a Ourense". Todas as fotos poden verse no facebook de Concello Esgos  e tamén está dispoñile un video de Telemiño .