Entradas

Cea do dia da muller traballadora

Imagen
As Mulleres Rurais de Esgos “ Os Picotiños”  cearán e bailarán nun Castelo do Século XI co fin de festexar o día  da  Muller Traballadora. Anótate antes do xoves 5 de Marzo , chamando ó teléfono do Concello: 988 29 00 00 ( preguntar por Angeles ), na perruquería Lúa Chea ou falando con Noemí ou Chus. DATA: 7 de Marzo 2015 HORA: Ás  9.30  da noite LOCAL: Castelo de Maceda (Salón a Torre) PREZO: Socias 20 € e non socias 25 € (Para ser consideradas socias debe estarse ó corrente do pago da cuota do 2015) Haberá  agasallo para tódalas asistentes ¡¡ XA SABES NON TE QUEDES PARADA E PARTICIPA !! FAITE SOCIA. ESPERÁMOSTE

Biblioteca pechada no entroido

A biblioteca estará pechada ó público o luns e martes de entroido, 16 e 17 de febreiro.

Entroido na biblioteca

Imagen
O entroido xa está aquí e hoxe na biblioteca estivemos preparando o noso meco, que despois colgamos na parede do centro de saúde para que o poidades ver todos.

Curso de iniciación á informática e internet

Imagen
A última semana de xaneiro comezamos un novo curso de informática e internet. As clases impártense os luns e mércores de 19:30 a 20:30 horas. Neste curso repasarán o aprendido na edición anterior e profundizarán en temas novos relativos ós procesadores de textos, traballo con carpetas e navegación por internet.

Fotos do taller de xabón

Imagen
Hoxe as mulleres da asociación "Os Picotiños" aprenderon a facer xabón reciclando aceite de cociña usado. O sábado 21, aprenderán a facer xabón cosmético a base de glicerina.

Educamóbil

Imagen
O vehículo Educamóbil estará situado na praza da Souteira, en Esgos o mércores 11 de febreiro pola tarde, de 16:30 a 20:00 horas para que os nenos e nenas poidan desfrutar dun intre de xogos informáticos e de lecer.

Curso de ximnasia relaxada

Imagen
En febreiro comezará o curso de ximnasia relaxada - movemento do corpo, que se impartirá en dous locales sociales: Local social de Esgos (Praza da Souteira): os martes ás 18:30 horas (a partir do 3 de febreiro) Local social de O Pinto: os xoves ás 18:30 horas (a partir do 5 de febreiro) Esta actividade é gratuita para todas as mulleres da asociación "Os Picotiños".