A proxección onte á noite da película-documental "A última viaxe do afiador" na praza da Souteira, foi un éxito de público. Ademais do director da película e o protagonista, acudiron veciños deste e doutros concellos e tamén se puido ver unha pequena mostra de rodas de afiar.
Dentro das actividades do campamento urbano de verán , o xoves 22 de agosto está prevista unha saída á ESCOLA DE ADESTRAMENTO CANINO “DO CASTELO” polo que non haberá actividades para os nenos na praza da Souteira. Os pais deberán deixar ós nenos na entrada da residencia canina ás 11:00 horas e recollelos no mesmo lugar ás 13:00 horas. Dirección: Escola de adestramento canino “Do Castelo”. Carretera de San Pedro de Rocas, km 1.8oo – Esgos.
O campamento urbano trasladouse hoxe a Melón Baixo para facer pan no forno do pobo. Aprenderon como se fai a masa e despois déronlle forma a masa que previamente nos preparou Mari, de Panadería Agustín. A falta de experiencia fixo que algunhos dos boliños se queimaran un poco, pero para o ano estaremos máis atentos... Eiquí tedes o resultado: Aproveitamos tamén para achegarnos ata a burra e as vacas de Agustín e os coellos e as pitas de Juan. Pódense ver as fotos en: https://picasaweb.google.com/
Os nenos e nenas do campamento urbano visitaron hoxe a residencia de maiores de Esgos para coñecer as instalacións e cómo viven os maiores ingresados. Levaron como agasallo un centro de flores que eles mesmos elaboraron con papel. As fotos da visita poden verse en: https://picasaweb.google.com/