Entradas
Acción verán 2013
- Obtener enlace
- X
- Correo electrónico
- Otras aplicaciones
Xa está aberto o prazo para que os mozos e mozas podan inscribirse na Campaña de Verán 2013 , e pasar un verán diferente, cooperando en iniciativas sociais ou compartindo experiencias con rapaces en instalacións doutras comunidades autónomas. Toda a información pode consultarse en: http://xuventude.xunta.es/accion-de-veran.html
Xuntanza de mulleres
- Obtener enlace
- X
- Correo electrónico
- Otras aplicaciones
O próximo día 13 de abril terá lugar unha xuntanza de mulleres que organiza a asociación de mulleres rurais "Os Picotiños", co fin de festexar o dia da Muller Traballadora. As interesadas deberán anotarse antes do mércores 10 de abril no concello, na perruquería Lúa Chea ou falando con Noemí. Informarase das actividades para os vindeiros meses e haberá un pequeno agasallo para todas as asistentes. Data: sábado 13 de abril Hora: 22:00 h. Local: Restaurante Casa Sacra (O Pinto - Esgos) Prezo: 15 € as socias e 20 € as non socias. ¡¡¡Pasaremos un bo rato xuntas!!!
Dilema
- Obtener enlace
- X
- Correo electrónico
- Otras aplicaciones
Esta semana propoñemos ademáis da actividade do inxenio , un pequeno dilema: «Un padre y un hijo sufrieron un grave accidente, el padre murió y el hijo resulto malherido. Fue trasladado a un hospital para operarle, pero el cirujano al verle comento: ¡no le puedo operar, es mi hijo!» ¿Xa tés a solución? É fácil, pero ¿foi a primeira solución que se che pasou pola cabeza? ¿A que da que pensar? Si non se che ocurre nada, dámosche unha pista: o venres 8 de marzo é o día da muller. Solución: El cirujano es la madre.
Ioga da risa
- Obtener enlace
- X
- Correo electrónico
- Otras aplicaciones
A risa aporta múltiples beneficios: Rexuvenece, elimina o estrés, as tensións, a ansiedade, a depresión, o colesterol, adelgaza, alivia a dor... Ofrecemos un espazo onde os participantes poden desfrutar do instante presente, conectándose coa emoción e co neno que aínda somos: libre, espontáneo e creativo. • DÍA: OS MARTES • LUGAR: LOCAL SOCIAL LOBACES • HORARIO: 16.00 A 17.15 h. • DESTINATARIOS: Tódalas persoas interesadas na actividade. Esta actividade comeza o martes 5 de marzo. Máis información na casa do Concello.