Entradas

Curso básico de protección civil

Imagen
Esta fin de semana impartirase no local social de Esgos un curso básico de protección civil no que partipan alumnos deste e doutros concellos. Programa: Venres 29 de xuño, de 19 a 22 horas: Comunicacións. Sábado 30 de xuño, de 9 a 14 horas: Extinción de incendios Sábado 30 de xuño, de 15 a 22 horas: Primeiros auxilios Domingo 1 de xullo, de 9 a 15 horas: Protección civil e igualdade.

Horario de verán

Durante os meses de xullo e agosto a biblioteca estará aberta en horario de mañá: de luns a venres dende as 11 ata as 14 horas, mentres que a piscina municipal abrirá as 12 da mañá e pechará ás 21 horas.

Entrega de diplomas do taller de memoria.

Imagen
O pasado mércores, ás 7 da tarde entregáronse os diplomas do curso de memoria ós veciños que participaron nesta última edición. O acto estivo presidido polo alcalde, Mario Rodríguez e Pedro Díaz Fernández, o psicólogo responsable do taller. Pódense ver todas as fotos eiquí

Campamento urbano

Durante os meses de xullo e agosto todos os nenos do concello, de entre 4 e 12 anos , poderán desfrutar de diversas actividades no campamento urbano “VeránEsgos 2012”.  As actividades (manualidades, actividades deportivas, xogos populares, taller lectura, etc.) desenvolveránse en Esgos, de luns a venres en horario de mañá, de 10.30 a 13.30 horas . Para poder participar deberánse anotar na biblioteca ou nas oficinas de servizos sociais do concello antes do 28 de xuño.

Concurso fotográfico

Imagen
O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade organiza o   concurso fotográfico ‘Imaxes con Fondo’ , aberto a calquera persoa maior de 12 anos de idade e residente en Galicia. ‘Imaxes con Fondo’ pretende ser unha ferramenta que promova a reflexión, o pensamento crítico e un cambio de actitude na cidadanía, apostando por condutas solidarias e respectuosas co entorno e coas persoas que nel habitan. Categoría xuvenil  (de 13 a 17 anos, ambos inclusive): As/os concursantes deberán achegar fotografías nas que se amose a solidariedade na nosa sociedade, entendido como un dos valores fundamentais e universais nos que deberían basearse as relacións entre os pobos e as persoas. Categoría adultas/os  (de 18 anos en adiante): As/os concursantes deberán achegar imaxes que amosen como algunhas prácticas na nosa sociedade (tanto de persoas particulares coma de empresas e gobernos) repercuten negativamente nas poboacións dos países do sur de forma directa ou de forma indirecta, de cara...

Rallye Ourense

O "rallye Ourense" volverá un ano máis ó noso concello. O tramo coñecido como San Pedro de Rocas, que xa é un clásico deste rallye disputarase ás 9:28 horas e ás 12:32 horas. http://www.rallyeourense.es/45edicion/descargas/123seccion.pdf

Fotos da VI andaina popular de Esgos e da VI Subida Rocas - O Eirado

O pasado domingo celebrouse en Esgos o Campionato Galego de Montaña e a carreira "Subida Rocas - O Eirado" na que participaron máis de 250 atletas. Ivan Docampo da Soc. Gimnastica de Pontevedra e Purificacion Bermudez do Noteibra foron proclamados campións galegos de Montaña. Paralela a esta proba desenvolveuse a VI andaina popular do concello na que participaron 200 persoas.  A continuación deixamos enlaces ás fotografías: Fotos da andaina Fotos da carreira Fotos da comida e entrega de premios