Entradas

En tren ao parque do Invernadeiro

O vindeiro venres 9 e sábado 10 de setembro temos preparada unha actividade, “EN TREN AO PARQUE NATURAL DO INVERNADEIRO” destinada a nenos de entre 7 e 12 anos. A actividade comezará o venres 9 ás 14:00 horas e rematará o sábado 10 ás 17:00 horas da tarde e ten un custe de 10 euros por persoa. Programación: Venres 9 de setembro: · Ás 14:00 horas: todos os participantes deberán estar na estación de tren de Baños de Molgas (deberán vir xa comidos). Visita á estación e ó museo de Moncho Borrajo. · 15:30: Saída do tren. · 16:30: Chegada á Campobecerros . · 17:00: Visita á aldea de Campobecerros e paseo pola Vía da Prata. · 21: 00: Cea e aloxamento no albergue de Campobecerros Sábado 10 de setembro: · 9: 00: almorzo · 9: 30: saída camiñando ó parque do Invernadeiro pola Vía da Prata . · 10:30 : Visita ó parque do Invernadeiro · 11:30 : Visita en auto...

Programa das festas de Esgos 2011

FESTAS DE ESGOS O DÍA XOVES 25 20:00h. Pregón a cargo de RUBÉN RIÓS 20:30h. FESTA DO EMIGRANTE E VI FESTA DO ARROZ CON LEITE 22:30h. Actuación dun GRUPO MUSICAL 23:30h. Conxuro da queimada a cargo do Pocimeiro XACOBO ÁS 24:00h. FESTA TEMÁTICA DOS 80 (prégase vir vestido acorde ca época) O DÍA VENRES 26 12:00h. Misa solemne na honra de San Victores coa actuación da coral CAMERATA OURIENSE 18:00h. Actividades infantil a cardo de XOGO AVENTURA 24:00h. Concerto dos grupos CINCO BAJO 0-RENEGADOS- R KER O DÍA SABADO 27 10:00h. Pasa rúas a cargo da BANDA DE GAITAS DE ESGOS 11:00h. Concurso de debuxo infantil e xuvenil 12:00h. Yinkana 17:30h. Campionato de natación 19:30h. Campionato de Pin pon (1º fase) 20:00h. Campionato de Futbolín (1º fase) 00:30h. Verbena coa orquesta MASTER O DÍA DOMINGO 28 12:00h. Misa solemne coa Banda de Gaitas de Esgos 17:30h. Campionato de Pin pon (Fase Final) 19:00h. Campionato de Futbolín (Fase Final) 20:00h. actuación dun paiaso e globo flexia 21:30h. Festas e ve...

Un día de "Lecer no verán"

Imagen
O concello de Esgos adicou o xoves 4 de agosto ós nenos. 35 nenos participaron na actividade "Lecer no verán" que comezou ás 11 da mañá con xogos e manualidades na praza da Souteira, para continuar despois cunha pequena excursión ata Tarreirigo onde comemos. Pola tarde os xogos continuaron nas piscinas municipais ata case as 7 da tarde. Hai que repetir!!!!

Manualidades de reciclaxe

Nos últimos días fixemos na biblioteca pulseras con material reciclado. Nos vindeiros días teremos que facer outra actividade semellante, porque ás nenas gustoulles moito.

XII Feira Agro Ambiental - O Pinto

Imagen
O sábado 6 de agosto celebraremos a XIII edición da feira agro ambiental en O Pinto. Nesta feira tamén haberá, como ven sendo costume unha degustación de callos.

Teatro

Imagen
A compañía Danthea Teatro presentará no concello dúas obras de teatro dentro do programa "Camiños de cultura" da Xunta de Galicia. Monicreques. As aventuras de Polichinela e a galiña negra Data: venres, 5 de agosto Hora: 21:00 h. Lugar: Local social de Vilar. Monicreques. Polichinela Titor de Pierrot Data: sábado, 20 de agosto Hora: 20:30 h. Lugar: Praza da Souteira, Esgos

Sardiñada e andaina a cargo da comisión de festas

Imagen
A comisión de festas Esgos 2011 organiza este ano como novidade, unha sardiñada popular e unha andaina nocturna. Sardiñada Venres, 29 de xullo ás 21.00 horas. Menú: Empanada, sardiñas, chourizos, bica, viño, bebidas e licores Precio: 12 euros. Nenos gratis ata os 10 anos. Entradas á venda en: Bar San Xoán, Bar O Lugar, Bar Agarimo, Peluquería Lua Chea, oficinas do concello de Esgos e membros da comisión de festas. Data límite para comprar as entradas: 27 de xullo. Andaina nocturna de Esgos Sábado, 30 de julio ás 20:30 horas. 9 km, pola ruta "Camiño Real" Inscripción: 6 euros (1 euros irá destinado á Asociación Española contra o Cancro). Número de conta: 2080 0300 82 0040004887 (nome, apelidos e teléfono) Recollida de dorsais en: COOLSPORT (Santo Domingo - Galerías Viacambre), Confitería Milhojas (Progreso, 36), TURINISPORT (Avda. Habana, 34) ou nas oficinas do concello de Esgos.