Entradas

Entrega de diplomas do taller de memoria

Imagen
O pasado xoves rematou o "Taller de memoria" que se ven impartindo no concello con moito éxito dende fai varios anos. Silvia (traballadora social), Pedro (psicólogo encargado do taller) e Camilo (concelleiro) foron os encargados de entregar os diplomas ós asistentes a este taller. Aproveitouse tamén este acto para mostrar fotos dos alumnos nos distintos talleres.

V Andaina e carreira do concello de Esgos

Imagen
O domingo 12 de xuño terá lugar a "V Andaina de Esgos" e "V Carreira de montaña subida Rocas - O Eirado" . O recorrido da carreira (campionato galego de montaña) é o mesmo de anos anteriores (14 km aprox.) A andaina (20 km aprox.) deste ano varía o seu recorrido para visitar por primeira vez os pobos de Tarreirigo, Vilar, Lobaces, Gomariz e a Cernada. Máis información en www.concelloesgos.com

Letras galegas 2011

O 17 de maio celébrase o "Día das Letras Galegas" este ano adicado a Lois Pereiro . En www.diadasletrasgalegas.com podedes ler toda a información sobre a vida e obra deste poeta. Na biblioteca contamos con dous libros deste autor: Poemas 1981/1991 Obra completa [Edición bilingüe]

Obradoiro "Sacando as redes da pantalla"

Imagen
O pasado venres 12 mozos e mozas do concello de entre 14 e 17 anos participaron no obradoiro “Sacando as redes da pantalla” do ' Quérote ', que ten como obxectivo fomentar hábitos de uso responsable nas redes sociais. Os participantes simularon sen ordenadores o funcionamento do Tuenti, rede social que usan habitualmente, para que así se parasen a pensar nos usos que fan destas redes (a quen aceptamos como amigo, que información publicamos no muro, que fotos publicamos, que implicacións pode ter compartir certa información ou certas fotos, a que grupos nos unimos, etc.) Tamén se aproveitou a ocasión para informalos dos servizos que ofrece "Quérote" para a xuventude.

Dia do libro

O 23 de abril é o Día Internacional do Libro e para celebralo entre o 18 e o 20 de abril regalaremos un libro a todos os que acudan á biblioteca. Coincidindo coas vacacións de Semana Santa o martes día 19 , realizaremos tamén un taller de manualidades na biblioteca, no que os nenos poderán crear o seu propio marcapáxinas cos seus debuxos favoritos.

Educamóbil

O vehículo EDUCAMOBIL volve a visitar o concello, para que os nenos de entre 4 e 11 anos podan disfrutar dun intre de xogos informáticos e de lecer. Lugar: Local social de Vilar Dia: luns 25 de abril Hora: De 16.30 a 20.00 horas Este servizo é gratuito. Máis información nos servizos sociais do concello.

"Sacando as redes da pantalla"

“Sacando as redes da pantalla” é un obradoiro do ' Quérote Máis ' dirixido a rapaces e rapazas de 14 a 16 anos, que ten como obxectivo fomentar hábitos de uso responsable nas novas tecnoloxías. A percepción dos adolescentes é de que hai un baixo risco no uso das novas tecnoloxías, o que fai non se paren moito a pensar nos usos que fan das redes sociais (Facebook, tuenti...), nas implicacións que pode ter compartir certa información, no acceso á información pouco axeitada ou de fontes pouco fiables que non saben como manexar... Neste obradoiro, os participantes emularán o funcionamento das redes sociais de internet que eles empregan habitualmente. Deste xeito analizarase a maneira que teñen de establecer relacións nas redes sacándoas do seu contexto virtual e traéndoas ao real. Lugar: Biblioteca Munipal de Esgos Data: venres 29 de abril Hora: 18.00 horas Para que o obradoiro se poda levar a cabo necesitamos un mínimo de participantes, así que todos os que queiran participar ...