Entradas

Só con TDT verás a tele

A partir do 18 de xaneiro "so con TDT verás a tele" , xa que cesa nesa data a emisión da televisión analóxica. Para informar e explicar ós veciños a forma de adaptarse e disfrutar dos servizos da TDT haberá puntos de información móvil (microbus) polo Concello: Esgos, martes 29 de decembro pola mañá O Pinto, mércores 30 de decembro pola tarde Esgos, xoves 14 de xaneiro pola mañá A través da entidade pública Red.es, dentro do Plan de Apoio a Colectivos de Risco de Exclusión, pódese solicitar un equipo sintonizador TDT gratuito durante o prazo de 4 anos dende a data de instalación. Para poder solicitar o TDT gratuito é necesario cumprir unha serie de requisitos que se poden consultar en http://www.concelloesgos.com/ Tódalas persoas interesadas poden informarse e presentala sua solicitude nos Servizos Sociais do Concello.

Actividades infantis Nadal 2009

Xornada de xogos populares para nenos e maiores Billarda, chave, peóns, tabas, enredos musicais, zancos, aros, rá, birolla, petanca, etc. Ó acabar os xogos haberá chocolate e bica para todos. Animádevos e vide cos vosos pais, nais ou avós. Dia: 23 de decembro Hora : De 4 a 5.30 da tarde Lugar : Vilar Visita a Pazolandia Como tódolos anos visitaremos o Parque de Atraccións “Pazolandia”. Imprescindible anotarse no concello ou Telecentro antes do 28 de decembro. Dia: 29 de decembro X Concurso de Postais. Por décimo ano consecutivo celebrarase o concurso de postais que vai dirixido a todos os nenos e nenas de entre 3 e 14 anos. Valorarase a orixinalidade e poderase empregar todo tipo de materiais (papel, purpurina, cartón, algodón, etc.). Tódolos participantes terán un agasallo. O prazo para presentar as postais remata o 30 de decembro. Visita dos Reis Magos de Oriente Os Reis Magos entregarán os premios do X Concurso de Postais. Dia e hora: 5 de xaneiro ás 12 da maña na Pra...

Nadal na biblioteca-telecentro

Imagen
Chega o Nadal e no telecentro xa se nota o ambiente...

Reunión das Mulleres Rurais

O presidenta da asociación de mulleres rurais "Os Picotiños" convoca a todas as mulleres a unha reunión para planificar os cursos do vindeiro ano. Lugar: Local social de Esgos Data: sábado, 5 de decembro Hora: 18 horas

Nova web do concello

Imagen
A web do concello de Esgos estrea hoxe unha nova imaxe, máis moderna: Ainda que faltan algunhos contidos, que se irán engandindo ó longo dos vindeiros días, xa podedes ir votándolle un vistazo, e claro, deixando eiquí os vosos comentarios e opinións. Os cambios sempre orixinan un pouco de "desconcerto" pero espero que vos guste.

Xogomóbil

O vehículo Xogomóbil volverá a estar no noso concello. Esta é unha actividade gratuita para nenos de entre 4 e 14 anos, que consiste en xogos informáticos e de lecer. Lugar: Vilar, ó carón do local social Data: Martes 17 de novembro Hora: A partir das 5 da tarde Para máis información podedes chamar ó concello 988290000. Animádevos e non faltedes.

Magosto 2009

Imagen
O pasado domingo celebrouse na praza da Souteira o magosto do concello. Citouse á xente para as 13 horas para "coller o sitio" e ás 13.30 comezouse a servir a comida. Os preparativos Os comensales Nun primeiro momento parecía que non ia vir moita xente, porque o tempo non acompañaba, pero ó final non choveu e a xente animouse. ¿Do menú que imos dicir? Para comezar: empanada Para fartar: chourizos e churrasco De postre: castañas, bica, café e chupito ¿A música? Os Airiños de Caldelas, como non... ¿A participación? Moi boa... unhas 350 entradas vendidas, máis os menores de 12 anos, máis os voluntarios que serviron a comida.