Entradas

Curso de taichi

Curso de Taichi (Ximnasia Relaxada - Movemento do teu corpo) Data de comezo: Mércores 14 de marzo Horario: Luns e mércores de 20.00 a 21.00 h Lugar: Local Social de Esgos Si estás interesada, acode. Xa sabes, non te quedes parada, ¡participa! Esta actividade é exclusivamente para socias da Asociación de Mulleres "Os Picotiños".

Magosto Esgos 2009

Imagen
O magosto do concello de Esgos xa se achega. A comida a base de castañas, empanada, churrasco, chourizos, pan, viño, refrescos e bica estará amenizada polos gaiteiros "Airiños de Caldelas". Xa se poden retirar as entradas nas asociacións de veciños, nos bares e tendas a un prezo de 6 euros por persoa (nenos ata 12 anos gratis). Día: Domingo, 8 de novembro Hora: 13.00 horas Lugar: Praza da Souteira, en Esgos

Nova convocatoria de cursos de informatica

A semana que ven comezaremos novos cursos de informática e internet para persoas sen coñecementos previos. Como ven sendo costume, as clases impartiranse dous dias a semana en horario de 20.00 a 21.00 horas. Os interesados en participar deberán comunicalo no concello ou no telecentro. Tamén seguiremos coas clases de repaso para os que xa participaron en cursiños anteriores.

Novo curso da escola de gaita

Imagen
O vindeiro 17 de outubro comezará un novo curso de clases de gaita, percusión e pandereta da Escola de Gaita do Concello de Esgos. Estas clases son gratuitas e impartiranse no local social de O Pinto os sábados a partir das 15.30 horas. Para inscripcións e máis información chamar ó 988290040 (Angeles) ou falar cos profesores (Bea ou Manolito)

Obradoiro de "Habilidades sociais"

OBRADOIRO DE "HABILIDADES SOCIAIS" DATA DE CELEBRACIÓN : 29 de outubro (xoves) HORARIO: De 16.00 a 20.00 horas LUGAR : Local social de Esgos DESTINATARIAS : Mulleres CONTIDO : fomento da autoestima; axudar a desinhibición; fomentar a comunicación como medio para achegarse a os demais: dar as pautas para a utilización do linguaxe como instrumento de relación social; dotar de ferramentas para o uso óptimo da comunicación PLAZO : As interesadas deberán anotarse no concello (servizos sociais) ou no Telecentro antes do 29 de outubro.

Taller de costura e patronaxe

Imagen
A A.V V. Rocas está a organizar a segunda edición do "taller de costura e patronaxe" , que comezará o sábado día 3 de outubro. Lugar: Centro social de Esgos Horario: de 19.00 a 20.00 horas Custe: 5 € / mes, a ingresar na conta da A.VV Rocas en Caixanova

Mudanza no telecentro

Hoxe pola mañá realizamos unha doble "mudanza" no telecentro: pasamos do satélite ó ADSL e cambiamos o telecentro para o baixo do concello. Agora o telecentro e a biblioteca comparten espazo. O horario de apertura segue a ser de 17.30 a 20.00 horas. Esperemos que os cambios sexan para ben... Aviso para navegantes: Os que "usabades" a wi-fi do telecentro dende fóra, agora tendes que aparcar noutro lado, porque esa antena deixou de emitir. Podedes utilizar a Wi-fi da biblioteca (aparcar cerca do concello).