Entradas

Taller de costura e patronaxe

Imagen
A A.V V. Rocas está a organizar a segunda edición do "taller de costura e patronaxe" , que comezará o sábado día 3 de outubro. Lugar: Centro social de Esgos Horario: de 19.00 a 20.00 horas Custe: 5 € / mes, a ingresar na conta da A.VV Rocas en Caixanova

Mudanza no telecentro

Hoxe pola mañá realizamos unha doble "mudanza" no telecentro: pasamos do satélite ó ADSL e cambiamos o telecentro para o baixo do concello. Agora o telecentro e a biblioteca comparten espazo. O horario de apertura segue a ser de 17.30 a 20.00 horas. Esperemos que os cambios sexan para ben... Aviso para navegantes: Os que "usabades" a wi-fi do telecentro dende fóra, agora tendes que aparcar noutro lado, porque esa antena deixou de emitir. Podedes utilizar a Wi-fi da biblioteca (aparcar cerca do concello).

Obradoiro de "Vida saudable"

HÁBITOS DE VIDA SAUDABLE DATA DE CELEBRACIÓN : 7 de outubro (mércores) HORARIO: De 16.00 a 20.00 horas LUGAR : Local social de Esgos DESTINATARIAS : Mulleres CONTIDO : A través de esta charla tratarase de orientar sobre hábitos alimenticios saudables; previr sobre posibles patoloxías e transtornos alimentarios; coñecer os ingredientes dunha dieta saudable; coñecer os efectos nocivos do tabaco; ofrecer orientacións sobre a preveción do consumo de tabaco; coñecer a utilidade do exercicio físico diario para mellorar a calidade de vida e ofrecer ferramentas prácticas para a práctica de exercicio físico. PLAZO : As interesadas deberán anotarse no concello (servizos sociais) ou no Telecentro antes do 7 de outubro.

Novo horario do telecentro

A partir do mércores 16 de setembro, o telecentro volverá a estar aberto polas tardes no seguinte horario: De luns a venres de 17.30 a 20.00 horas

Festa do emigrante 2009

Imagen
A "Festa do Emigrante 2009" congregou na praza da Souteira a centos de veciños. Na galeria fotográfica da web do concello www.concelloesgos.com publicaranse fotos deste dia, pero de momento, vai un pequeno adianto. Ó remate, repartíronse 600 racións de arroz con leite na "IV Festa do arroz con leite" . A comisión de festas do 2009 sortea un televisor de plasma e aproveitaron o dia para vender rifas.

Coches de choque en Esgos

Imagen
Este ano, as festas de Esgos contan con unha novidade: "Os coches de choque" . Os feirantes están instalando a pista na coñecida como "finca do cura", por detrás do concello. Xa hai ambiente de festa !!!

Programa festas Esgos 2009

Imagen