Entradas

Horario de verán

Imagen
A partir do luns 22 de xuño o telecentro abrirá polas mañás para adaptarse ó horario de verán: De luns a venres de 12.00 a 14.15 horas .

Apertura das piscinas municipais de Esgos

Imagen
O sábado 20 de xuño comeza "oficialmente" o verán en Esgos coa apertura das piscinas municipais. A parte das obras de mellora que se realizaron este ano (construcción dunha galería subterránea para labores de mantemento, ampliación da zona verde e colocación de gresitec na piscina grande), no resto non hai moitos cambios: Horario: de 12.00 a 21.00 horas Entrada: 1 euro Bonos para todo o verán: 10 euros para os empadroados e 20 euros para os non empadroados.

III andaina de Esgos e III carreira de montaña

Imagen
Na web do concello de Esgos xa se poden facer as inscripcións e consultar toda a información da III Andaina do Concello de Esgos - III carreira de montaña que se celebrará o domingo 12 de xullo . A andaina sairá de Esgos e recorrerá 21 km en sentido contrario ás edicións anteriores, ata volver a Esgos outra vez. Pola contra, a carreira seguirá o percorrido que ven sendo habitual. Este ano tamén se pode ver a ruta da andaina e da carreira en google earth Para calquera dúbida, poñerse en contacto con José Luis no teléfono 988290040 ou a través do correo joseluis@concelloesgos.com

Entrega de diplomas do taller de internet

O pasado mércores rematou o curso de internet e os alumnos quixeron celebralo tomando un café e unhas rosquillas, así que trouxeron todo o necesario ata o telecentro. Pasamos unha horiña moi agradable. Este taller pon o punto final a todos os cursos que se estaban realizando dende o inverno. Agora só queda agardar polas actividades máis típicas do verán: piscina, excursións para os máis novos, ourense lúdico, etc.

Entrega de diplomas do taller de memoria

Imagen
Onte pola tarde entregáronse os diplomas do "taller de memoria" que organizou o concello e que se desenrolou dende outubro de 2008 ata abril de 2009, nun acto no que participou Pedro Diaz Fernández , psicólogo e titor do curso, Silvia (Traballadora Social do concello de Esgos) e Camilo, teniente alcalde. O acto comezou coa proxección das fotos do taller e a entrega de diplomas que se realizara o curso pasado. Despois das palabras de Pedro, Silvia e Camilo, entregaron os diplomas ós 40 alumnos, na sua maioría mulleres. Ó final, o concello convidou a todos os asistentes a un café na praza da Souteira.

Concluen os talleres das mulleres rurais

A asociación de mulleres rurais "Os Picotiños" remata esta semana os talleres que viñan desenvolvendo dende o inverno: un de taichi e un de manualidades . Estes talleres volverán despois do verán.

Curso de internet

Imagen
Sete novos alumnos (6 mulleres e 1 home) participan durante o mes de maio e xuño, noutro curso de iniciación a Internet os martes e xoves a partir das 19.30 horas. Nesta ocasión contamos con "representantes" de varias pobos como: Porta do Sol, Cabalgada, Melón Alto, Tarreirigo, Rebordiños e Esgos.