Entradas

Curso de fotografia

Imagen
A "AAVV Rocas" está a preparar un curso de fotografía ó que poden asistir os socios que o desexen. O curso ten unha duración de 8 horas que se repartirán en 4 sábados entre novembro e decembro. Comezo das clases: 8 de novembro Lugar: Local social de Esgos Horario: 16:00 - 18:00 h. Custe: 5 euros Todos os interesados en participar poden anotarse falando con Susana ou ben, no telecentro.

Curso de costura

Imagen
A "AAVV Rocas" propuxo ós veciños de Esgos un curso distinto ós que se viñan facendo ata agora: "iniciación á costura". O taller vaise realizar os sábados de 19:00 a 20:00 horas e asistirán unha dúcia de veciñas. O primeiro dia, a maioría decantouse por subirlle os baixos a pantalóns, ainda que duas atrevidas empezaron unhas cortinas e unha almofada. O ambiente é moi agradable e Loli, a monitora, fai que todo sea moi fácil.

Programa Athenea

Imagen
Volve o Programa Athenea , unha iniciativa conxunta de Universia ( http://www.universia.es/ ) e a CRUE (Conferencia de Rectores de Universidades Españolas). A través do Programa Athenea os estudiantes universitarios , o personal administrativo e servizos (PAS) e o personal docente e investigador (PDI) poderán comprar ordenadores portátiles de última tecnoloxía a unhos prezos moi por debaixo do mercado. Un portátil para estudiar por 399 euros , para trabajar por 599 euros y de alto rendimiento por 749 euros. Podes atopar toda a información en http://www.athenea.universia.es/ ou no telefono 902760051.

O Magosto 2008 está en marcha

Imagen
O domingo 9 de novembro ás 13:00 horas celebrarase o magosto do concello na praza da Souteria, en Esgos. A comida a base de castañas, empanada, churrasco, chourizos, pan, viño, refrescos e bica estará amenizada polos gaiteiros "Airiños de Caldelas". Xa se poden retirar as entradas nas asociacións de veciños, nos bares e tendas a un prezo de 6 euros por persoa (nenos ata 12 anos gratis).

Cursos subvencionados para traballadores

Imagen
Os cursos do Plan Avanza son cursos on-line de formación continua 100% subvencionados nos que poden participar traballadores de pymes e autónomos. Estamos pensando en reunir no telecentro un grupo de persoas interesadas en facer o curso de Microsoft Office 2003 e así, poder facer o curso on-line todos xuntos. Se che interesa participar no curso, que incluirá Word, Excel, Access, PowerPoint, comunicao no telecentro ou no concello.

Subvencións para a adquisición de ordenadores polos autónomos

Imagen
A Consellería de Innovación e Industria convoca subvencións para a adquisición de ordenadores para os traballadores autónomos de Galicia, agás os comerciantes retallistas, que teñen axudas específicas. Material subvencionable: Ordenador persoal portátil ou de sobremesa configurado con software libre: sistema operativo LINUX, paquete ofimático OpenOffice e navegador de internet Mozilla Firefox. Cuantía da subvención: 45% da base impoñible , excluíndo o IVE correspondente, que deberá ser aboado na súa totalidade polo beneficiario, ata un total de 350 euros. Cal é o prazo de solicitude? A partir do 9 de outubro de 2008 e durante o ano 2009, ate esgotar o crédito total consignado pola Consellería de Innovación e Industria para este proxecto. Onde facer os trámites? As subvencións tramitaranas os provedores de equipamento informático que solicitaron ser entidades colaboradoras . En Ourense: Discount Informatico S.L , Enbel Informatica S.L , Hita Torres Tridente 2007 S.L e Redegal S.L Qu...

Actividades da AAVV Rocas para os vindeiros meses

Imagen
A Asociación de Veciños Rocas propón dous novos talleres, para estes primeiros meses de outono: Curso básico de inglés. Os interesados teñen unha reunión o vindeiro sábado dia 18 ás 17:00 horas no local social de Esgos para determinar o inicio do curso e o horario das clases. Taller de iniciación á costura. No taller de costura que comezará nos vindeiras semanas, aprenderán a facer pequenos arreglos como: poñer botós, cremalleras, subirlle ós pantalóns... Para máis información falar con Susana.