Entradas

Aniversario do blog

Imagen
¡Estamos de bloganiversario! Fai hoxe un ano comezamos a escribir este blog para dar a coñecer as actividades que realizamos no telecentro e publicar fotos dos cursos de iniciación á informática e internet. Ó pouco tempo, démonos conta de que tamén sería interensate publicar fotos e información dos cursos e talleres que levan a cabo as asociacións e o concello, e así o fixemos. Aproveito para dicirvos é moi gratificante ver como o número de visitantes aumenta,pero sen dúbida, o mellor e ler os vosos comentarios, así que non deixedes de dar a vosa opinión. Moitas gracias a todos!!!

Póximamente excursión a Portugal

A asociación de mulleres rurais "Os Picotiños" organiza para tódalas socias unha viaxe a Portugal. Día: sábado, 4 de outubro Hora de saída: 9:30 h. Prezo: 15 € (viaxe + comida) Límite prazo inscripción: 2 de outubro Inscripcións: 988290040 (Ángeles) ou falar con Noemí.

Educamóbil en Vilar

O vehículo "EDUCAMOBIL" volverá a visitar o concello de Esgos a vindeira semana. Todos os rapaces, entre 4 e 11 anos , que o desexen poderanse achegar e disfrutar dun intre de lecer e de xogos informáticos totalmente gratis. Dia: 3 de outubro Hora: 16:30 a 20:00 horas Lugar: Proximidades do local social de Vilar O proxecto "EDUCAMOBIL" posto en marcha pola Deputación Provincial de Ourense e a Fundación SEUR é unha alternativa á ocupación do tempo de ocio e de lecer a través do xogo, a lectura, a música e as novas tecnoloxías. Todas estas actividades desenvólvense dentro dun vehículo equipado con ordenadores, música, xogos supervisado por persoal cualificado.

Novos cursos de informática

Imagen
Os martes e xoves de 19:30 a 20:30 horas temos clases de informática de repaso ás que asisten un grupo de alumnos que xa participaron fai unhos meses no curso de iniciación á informática. Despois, de 20:30 a 21:30 horas temos un novo grupo de alfabetización informática no que participan homes e mulleres por igual, e no que aprenderán a manexar o procesador de textos e a navegar por internet . Os dous cursos teñen unha duración aproximada de dous meses.

Gañadores do concurso fotografico

Imagen
O pasado venres pola tarde, os concelleiros reunidos para un pleno decidiron que as fotos gañadoras sean: Primeiro premio: Camara fotográfica Quen gaña? Dende 1999, o luns das festas de Esgos pola tarde, podes acabar así si das un paseo pola praza onde se celebra a "guerra do pastel". Segundo premio: iPod Os da árbore Este verán, algunhos rapaces dedicáronse a construir unha cabaña de madeira no alto dunha árbore no barrio de Pazos. Terceiro premio: pen drive Aerobic en Vilar Despois das clases de baile que houbo na primavera, as veciñas de Vilar decidiron seguir facendo deporte no verán e organizaron unhas clases de aerobic. Cuarto premio: pen drive As nosas festas A verbena do luns en Esgos é a mellor das festas, pola cantidade de xente, polo ambiente, ...

Entrega de diplomas de primeiros auxilios

Imagen
Hoxe ás 11:30 horas a presidenta da AAVV Rocas entregou os diplomas os alumnos do curso de primeiros auxilios que se impartiu de febreiro a maio deste ano. Por distintos motivos, algunos alumnos non puideron asistir a recoller o seu diploma. Noraboa a todos !

Casas en venta en Esgos

Imagen
O concello de Esgos puxo en marcha fai unhos meses a segunda edición do "PROGRAMA VIVENDA", que consiste na elaboración dun catálogo de casas en venta e alugueiro do municipio, co fin de promocionalas a través da páxina web do Concello e poñelo a disposión de tóda-las persoas que queren comprar unha casa no concello. O catálogo das casas en venta pódese consultar en http://www.concelloesgos.com/ no enlace "Casas en venta". Se tes unha casa á venta e queres que apareza o anuncio na web, só tes que cominicalo no concello.