Entradas

Entrega de diplomas do taller de memoria

Imagen
Onte pola tarde, o alcalde, Milagros (a concelleira), Silvia (asistente social do concello) e Pedro (o profesor) entregaron os diplomas a todos os participantes no taller de memoria que se viña celebrando dende o pasado mes de outubro. No taller participaron ó redor de 70 veciños, na sua maioría mulleres, de todos os pobos do concello. Ó remate do acto de entrega de diplomas, o concello tiña unha sorpresa para todos os asistentes: unhos pinchos e unhos refrescos para todos. Neste ambiente máis distendido, algunhos non perderon a ocasión de decirlle ó alcalde que estaban encantados con esta actividade e que queren repetir. Así que as frases máis oidas onte eran: "esto veunos moi ben", "hai que repetir para o ano", "este profesor é unha maravilla"... ¡¡ Un éxito !!

Piscinas

Imagen
A semana pasada abriron as piscinas municipais en horario de 12:00 da mañá a 21:00 horas . O precio segue sendo o mesmo do ano pasado, 1 euro . Os veciños poden sacar un bono para todo o verán como se ven facendo dende que abriron as piscinas (10 euros para residentes e 20 euros para os non residentes). O luns, 14 de xullo, polas mañás, comezarán cursos gratuitos para aprender a nadar impartidos pola socorrista. Todos os que se queiran apuntar, deberán falar con ela. Se queres darte un baño, tomar o sol, ou simplemente tomar algo no bar, achégate ata as piscinas.

Fotos II Subida Rocas - O Eirado

Imagen
A continuación podedes ver algunhas fotos máis da carreira de montaña celebrada en Esgos o 8 de xuño de 2008. View Upload your own

Andaina 2008

Imagen
A continuación podedes ver algunhas fotos máis da II andaina celebrada en Esgos, o domingo 8 de xuño de 2008. View Upload your own Espero que vos gusten.

Fotos da II Andaina popular de Esgos e II Subida Rocas - O Eirado (Carreira de montaña)

Imagen
Máis de cincocentas persoas participaron onte na II andaina popular e II Subida Rocas - O Eirado (carreira de montaña do campeonato galego). Pese a que a choiva fixo acto de presencia no primeiro tramo da andaina, os participantes non se desanimaron e fixeron o recorrido que estaba fixado, eso sí, con moito, moito frío. Eiquí podedes ver un pequeno adianto das fotos que se publicarán na web do concello http://www.concelloesgos.com/

II Subida Rocas - O Eirado

Imagen
O próximo día 8 de xuño celebrarase a 2ª Subida Rocas – O Eirado . Distancia: Carreira: 14 km . Andaina: 24 km Hora de saída: A saida das probas será diante da Casa do Concello en Esgos: A andaina comezará as 9:30 h e a carreira as 10:30 h. Remate da proba: A carreira rematará en O Eirado e haberá un autobús a disposición dos corredores para baixar ata Esgos. A Andaina remata en Esgos no mesmo punto da saída. O remate das probas haberá unhos pinchos para repor forzas na Praza da Souteira. Prazo de inscricción: O prazo de inscricción remata o mercores 4 de xuño , aínda que a xente que o desexe poderá inscribirse ata o memo día da proba (sempre que haxa dorsais disponibles). Toda a información sobre a andaina-carreira está publicada na páxina do concello http://www.concelloesgos.com/ onde tamén se poden realizar as inscripcións.

Repostería e gymkhana do día do internet

Imagen
Repostería do día de internet Hoxe sábado pola tarde celebramos o día de internet cunha dulce "merenda". Cada participante tiña que traer un postre con forma ou decorado que tivera algo que ver coas novas tecnoloxías. Xuntaronse varios "reposteiros" que elaboraron entre outras cousas: bica con forma de rato, arroz con leite cunha @ de canela, tarta de mazá, tarta de queixo, filloas con @ de chocolate e nata, etc. Tampouco podía faltar o café e o chocolate... Cada "reposteiro" recibíu como recordo unha pequena tarteira de barro. O telecentro permaneceu aberto mentres durou a merenda e por eso algunhos non perderon a ocasión de botar unha partida e chatear. Gymkhana do telecentro de Esgos O gañador da gymkhana do telecentro foi Alejandro , máis coñecido como Alex, que recibirá o seu agasallo na próxima visita ó telecentro.