Entradas

Suxerencias

Dende o concello e as asociacións seguro que agradecen que os veciños lles conten que tipo de actividades, cursos, talleres... lles gustaría facer. Con esa intención abro esta entrada, para que comentedes o que realmente vos interesa.

Clases de bailes latinos

Imagen
Hola, A Asociación de Veciños Rocas e a Asociación Rezomilo de Vilar puxeron en marcha con moito éxito de participación , un curso de bailes latinos que se prolongará durante tres meses . As clases son os martes e os xoves de 21:15 a 22:00 e teñen un custo de 5 euros mensuais. Os primeiros días acudiron moitas mozas e mulleres, pero co paso dos días, vánse animando os homes.

Nova convocatoria de axudas para mercar ordenadores

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, para fomentar o uso das novas tecnoloxías da información e comunicación polos alumnos e alumnas e polas familias, convoca unhas novas axudas para a adquisición dun ordenador personal, portatil ou de sobremesa. ¿Para quen son? Para as familias con menos recursos e que non tiveran concedida unha axuda nas convocatorias anteriores. Os ingresos familiares anuais non poden superar os 25.000 euros, unha vez calculados segundo establece o artigo 5.2. da orde de convocatoria. Para o alumnado que estea matriculado en centros sostidos con fondos públicos nalgún dos cursos de educación primaria ou da ESO. ¿Onde solicitalas? Cubrir a solicitude na páxina web http://www.edu.xunta.es/axudasord , imprimilos e asinalos. Levar o anexo I ó centro educativo co fin de que certifique en que curso está matriculado o alumno ou alumna. ¿Cal é o prazo para presentar as solicitudes ? O prazo vai dende o 11 de marzo ó 10 de abril de 2008 Características das ...

Cea do Dia Internacional da muller traballadora

Imagen
O sábado 8 de marzo as mulleres do concello celebraron o dia internacional da muller traballadora cunha cea no restaurante Alto do Couso organizada pola asociación de mulleres rurais "Os Picotiños", coa colaboración das traballadoras do concello. As socias pagaron 15 euros, mentres que as non socias tiveron que abonar 20 euros. Asistiron ó redor de 60 mulleres de todas as idades, que cearon e bailaron ata as 2:30 da mañá. Esperemos que para o ano se anime máis xente.

Taller de manualidades

Imagen
A Asociación de mulleres rurais "Os Picotiños" rematou o taller de arte floral que estaban a impartir os sábados pola tarde, no que as alumnas aprenderon a facer bonitos centros de flores, naturais e secas. E para que non se aburran , acaban de empezar outro taller de manualidades (pintura, restauración, pintura en tellas, etc) os sábados pola tarde, que está a ter moito éxito.

Curso de primeiros auxilios

Imagen
A "AAVV Rocas" organiza un curso de primeiros auxilios que están a impartir voluntarios da Cruz Vermella de Ourense os sábados pola mañá de 9 a 13 horas. Este curso conta con 11 alumnos, algúns deles, membros de Protecion civil de Esgos.

III Convocatoria de cursos de iniciación á informática

Imagen
A semana pasada comezaron novos cursos de alfabetización informática ós que asisten 13 alumnos dous días a semana, distribuidos en dous grupos. Nas clases, que se prolongaran ata primeiros do mes de abril, os alumnos aprenderan o manexo básico dun procesador de textos e a navegar por internet, busgar información e a manexar o correo electrónico. Tivemos que esperar ata a terceira convocatoria de cursos para que o número de homes superara ó de mulleres, porque ata agora sempre viñan máis mulleres ca homes. E para que se animara a vir xente que vive noutros pobos do concello. Os martes e xoves durante unha hora ó día veñen a clase 4 homes e 2 mulleres, de Soutelo, Rebordiños, Alto do Couso, A Touza, Porta do Sol e Esgos. E os luns e mércores veñen 4 homes e 3 mulleres, con edades comprendidas entre os 23 e os 53 anos. Este grupo tamén conta con membros de varios pobos, como Vilar, Meiroas, A Lama, A Cabalgada e Esgos.