Entradas

Mostrando entradas de abril, 2025

Campamento digital para niños, niñas y adolescentes.

Imagen
Desde el Ayuntamiento de Esgos tratamos de organizar para este verano en la biblioteca un campamento digital con el objetivo de formar a niños, niñas y adolescentes en competencias digitales. Este proyecto, que combinará 30 horas de formación presencial y online, se desarrollará durante una semana de verano en horario intensivo de mañana.  Destinatarios: niños y niñas de entre 9 y 13 años y adolescentes de entre 14 y 17 años. Para que pueda llevarse a cabo se necesita un mínimo de participantes, por lo que las familias que estén interesadas deben inscribirse en la biblioteca. Actividades adaptadas a cada edad para que aprendan de forma práctica y divertida: Campamento Digital es una iniciativa impulsada por Fundación Cibervoluntarios, dentro del Programa de Competencias Digitales para la Infancia, CODI, puesto en marcha por el Ministerio de Juventud e Infancia, financiado por la Unión Europea-Next Generation EU. Más información en la biblioteca. 

Obradoiro de pintura en familia

Imagen
  O Concello de Esgos propónnos unha actividade de pintura para realizar en familia o sábado 24 de maio. A actividade consiste en pintar en lenzo por parellas: nai con fillo, pai con filla, tío con sobriña, avoa con neto, irmá con irmán, etc.  Ti elixes a parella e nós poñemos o resto! Para que a actividade se poida levar a cabo necesítase un mínimo de participantes así que non o dubides e inscríbete o antes posible na biblioteca municipal. (O horario está pendente de confirmar para adaptarnos na medida do posible ás vosas necesidades)

Día do libro: 23 de abril

Imagen
Un ano máis para celebrar o Día do libro deixaremos caixas con libros de agasallo nas paradas de autobús de Esgos e o Pinto para que os levedes como agasallo. Ademais, celebraremos na biblioteca este día co autor Óscar M. Guzmán que nos presentará o seu libro "Pero... como morren as pegas?"   

E ti sabes poñer ben o suxeitador?

Imagen
A experta en lenzaría Bego Bermúdez impartirá unha conferencia en Esgos sobre suxeitador e saúde: levar o suxeitador no seu sitio, coa talla adecuada e no modelo que mellor se adapte á estrutura corporal «achega moitos beneficios, como evitar contracturas, hernias, lumbalxias e ata dores de cabeza». Bego Bermúdez é asesora de lenzaría, especializada na función do suxeitador para a saúde con máis de 25 anos de experiencia. Colabora con diferentes profesionais da saúde (médicos, fisios…) e realiza consultas de asesoramento en diversos puntos do país nos que ensina ás mulleres para levar correctamente o suxeitador e a saber xestionar a suxeición no día a día, solucionando diferentes molestias e patoloxías ocasionadas por un uso incorrecto do suxeitador. Martes 6 de maio ás 17:30h no Centro Cultural Parada Justel (Esgos) Consulta individual gratuíta ao finalizar a conferencia.

Día do libro

Imagen
Celebraremos o Día do Libro coa presentación do libro "Pero... como morren as pegas? de Oscar M. Guzmán.  Oscar naceu no Concello de Vilamarín (Ourense) e traballa como persoal laboral da Deputación Provincial de Ourense. Pero… como morren as pegas? é a súa segunda novela, obra coa que gañou o V Premio Literario Vilar Ponte do Concello de Viveiro. Con anterioridade publicou Os segredos de Teresa (2021), coa que inauguraba a saga do inspector Saladino Mariño.  Agardámosvos o mércores 23 de abril ás 19:00h na biblioteca municipal de Esgos.