Entradas

Mostrando entradas de febrero, 2025

Pechado polo entroido

 AVISO O martes é festivo local en Esgos. A biblioteca estará pechada o luns e o martes de entroido.  Feliz entroido!!

Lingua de Namorar 2025

Imagen
Convocado Lingua de Namorar, un concurso en liña de mensaxes de amor en galego dirixido á mocidade de14 a 35 anos co que se busca dinamizar o uso da lingua galega entre as mozas e mozos nas súas relacións persoais. Pódense enviar mensaxes de amor ata o 17 de marzo! Categorías: Categoría A: de 14 a 19 anos Categoría B: de 20 a 35 anos Categoría C: de 14 a 35 anos Características das mensaxes: As mensaxes de amor deberán estar escritas en lingua galega e poderanse redactar en prosa ou en verso. A extensión máxima da mensaxe será de 350 caracteres, no caso das categorías A e B, e de 200 caracteres, no caso da categoría C, incluídos os espazos en branco en ambos os dous casos. Cada participante poderá enviar un máximo de dúas mensaxes ao concurso. Procedemento de participación: No caso das categorías A e B : Para enviar as mensaxes cumprirá rexistrarse na páxina do concurso ( http://xuventude.xunta.es/linguadenamorar ) para o que se deberá cubrir un formulario de inscrición. Todas as mens...

Día de Rosalía

Imagen
  O 24 de febreiro festéxase o aniversario do nacemento da autora máis universal das nosas letras. Muller culta e propulsora do Rexurdimento, Rosalía de Castro revélase como a escritora e poeta referente absoluto da cultura galega. Para celebrar esta efeméride, a Biblioteca Municipal de Esgos convida a rendirlle homenaxe lendo e poñendo en valor a súa vida e obra. No catálogo da nosa biblioteca poden atopar libros cos escritos de Rosalía e tamén sobre a súa vida

Tardeo do 8M

Imagen
  Para conmemorar o 8M dende os Servizos Sociais do Concello propoñemos unha tarde de actividades para o venres 7 de marzo: obradoiro no que elaboraremos velas artesais da man de María Mendoza, acompañado dunha charla sobre empoderamento feminino e unhos petiscos para rematar a xornada. Para participar é imprescindible inscribirse antes do 5 de marzo nos Servizos Sociais do Concello, xa que as prazas son limitadas. Ademais, xa anunciamos que temos prevista tamén unha moi interesante conferencia a cargo de Bego Bermúdez sobre o uso correcto do suxeitador, unha peza clave na saúde da muller, que por motivos de axenda se celebrará no mes de maio.

Entroido 2025

Imagen
 As actividades polo entroido comezarán cun obradoiro de fabricación de coresmas o venres 28 de febreiro ás 17:30h na biblioteca municipal. En lugar do concurso de disfraces este ano animámosvos a participar nunha xuntanza de entroido o sábado 1 de marzo ás 17:00h na Praza do Afiador, con chocolatada para as persoas disfrazadas. Os felos e as madamas farán o seu tradicional percorrido polos pobos o domingo 2 de marzo: 09:30h Saída de esgos 09:40h Alto do couso 10:00H Tarreirigo 10:15h Vilar 11:15h Lobaces 12:00h Loña 12:45h Gomariz 13:30h Cernada 13:45h Quinta do Monte 14:30h Melón Alto 15:30h Melón de Abaixo 16:15h As Meiroás 16:45h Fondodevila – Casanova 17:30h Pardeconde 18:00h Pardeconde (Xunqueira) 18:40h Paradela Esgos (final do percorrido) O luns 3 de marzo a partir das 10 da noite os participantes no obradoiro de coresmas farán un ensaio da coresmiña, e o martes será o momento de preparar as coresmas (asealas, vestilas e alimentalas) para o gran día, o mércores de cinza.

Tarde de xogos

Imagen
Porque xogar non ten idade propoñémosvos aos adultos que este venres vos achegues ata a biblioteca para xogar. Venres 7 de febreiro ás 18:30 horas Temos preparado ademáis do parchís, as cartas e o rummi, o bingo!!!