A administración preto de ti

Co fin de achegar o funcionamento da administración electrónica á cidadanía o Concello de Esgos solicitará á Subdelegación do Goberno unha nova xornada de "A administración preto de ti". Para poder levala a cabo é preciso un mínimo de asistentes polo que as persoas interesadas deberán inscribirse nas oficinas municipais ou na biblioteca. A xornada celebrarase en horario de mañá. Os asistentes que o desexen e acudan o día da xornada co DNI en vigor poderán obter “in situ” o certificado dixital e a clave permanente para a realización de trámites perante as administracións públicas evitando así desprazamentos, esperas innecesarias e citas previas. Exemplos de trámites que se poden realizar co certificado dixital: Solicitar e tramitar subvencións Solicitar ou calcular a idade de xubilación Solicitar o Bono Cultural Joven Solicitar a tarxeta sanitaria europea Obter o informe de vida laboral Consultar o saldo de puntos do carné de conducir Solicitar a prestación por desempleo ou ...