Entradas

Mostrando entradas de junio, 2024

Visita do colexio CEIP O Couto

Imagen
Hoxe pola mañá recibimos na biblioteca unha visita moi especial: o club de lectura dos alumnos de primaria do CEIP O Couto (Ourense) Coñeceron as novas instalacións da biblioteca, os servizos que ofrecemos e levaron de agasallo uns marcapáxinas. Despois, puideron ver algunhas réplicas de pinturas de Parada Justel, no centro cultural que leva o seu nome e asistiron a unha breve charla sobre pintura impartida polo noso veciño, pintor e profesor da Universidade de Vigo, Xavier Riomao. Queremos dar as grazas aos rapaces e rapazas e mestras do CEIP O Couto polo agasallo que nos deixaron na biblioteca, e tamén a Xavier Riomao pola súa colaboración desinteresada.